A CRÓNICA : DEPOR 3-0 DUX : “DOMINGO DE RESURRECCIÓN”.

 

Depor 3-0 DUX Internacional

Que puxeran o encontro as 12 da mañán, un Domingo de Resurrección, con actos e festas en tódalas localidades deu ca peor entrada da tempada, tal e como calquera que conoza un pouco o percal se esperaba, e que xa na previa augurábamos, pero parece que este día tan significativo para os que somos cristiáns practicantes, o Depor tomouno ao pé de letra, e fixo desta xornada un día de resurrección. 

Encontro impecable, con poucos erros, e se houbo algún, había un compañeiro que o solventaba. Os de Alfredo Santaelena, foron unha comparsa en Riazor, que tocou o son dos de Borja Jiménez, que acertou de pleno poñendo a Aguirre no extremo dereito, e ata dándolle máis minutos a Yeremay, que fixo as delicias da parroquia deportivista.

A primeira metade foi a mellor do que vai de tempada. Verticalidade, presión, recuperación de balóns e finalización. Ben e certo que podería estar solventado o encontro nos primeiros 45 minutos, pero desta volta non se sufreu nin na segunda metade, que foi controlada ao cento por cento polos deportivistas.

O primwiro gol chegou aos 6 minutos de xogo, tras un bo centro dende a banda dereita de Aguirre, que Quiles empalou a dentro a primeira e bocaxarro. Catro minutos despois gran xogada finalizada por Soriano. Puideron chegar máis por parte de Quiles, Juergen, Aguirre, ou William, pero irían o descanso co 2-0. So Dux, sen noticias.

A segunda foi controlada totalmente polos deportivistas, con algunha chegada tímida dos madrileños, e dando pequenas sensacións de poñerse no encontro, a balón parado. Pero de tanto tentalo, ao final, chegou o gol de Jaime, tras un saque de curruncho, e aí, xa se acabou o encontro. Minutos para os que saen de lesión e mesmo Miku e Álvaro Rey, puideron marcar, pero non chegou o gol, nun choque que tiña que haber acabado con goleada deportivista.

Depor : Mackay, Villares, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández (Álvaro Rey, min. 81), Álex Bergantiños, Juergen (Doncel, min. 88), William (Yeremay, min. 61), Soriano (Rafa de Vicente, min. 81), Aguirre y Quiles (Miku, min. 81).

DUX Internacional de Madrid: Badiashile, Leandro, Montoro, Bonaldo (Zambrano, min. 51), Mancebo, David Barral (Brulmans, min. 85), Rubén Ramos, Álvaro Martín (Pitu, min. 74), Blázquez (Alberto Gil, min. 74), Moyano y Marcos Bravo (Herrero, min. 51).

Goles: 1-0 Quiles (min. 6); 2-0 Mario Soriano (min. 11); 3-0 Jaime Sánchez (min. 79).

Árbitro: Vicente Moral (c. Castellano-Leonés). Amonestó a Aguirre (min. 39), Herrero (min. 82).

Incidencias: Partido de la 32ª jornada de Primera RFEF disputado en el Estadio ABANCA-RIAZOR ante 9.603 espectadores. Regresou a Riazor, Alfredo Santaelena, recordado por todos polo seu paso polo SuperDepor, e autor do gol do primeiro título deportivista.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto e Vídeos : piratasdemuxia 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies