Depor 2-3 Extremadura
Xa o decía un amigo deportivista na previa : “Miedito me da”, ante a situación de que o Extremadura chegase xa descendido, e así foi. Mirávamos perplexos o día antes, que o Huesca caera ante un descendido Racing de Santander, (1-0), e dí o refrán que : “cando as barbas de teu vciño vexas cortar, pon as tuas a remollar”, e así foi.
Bochornoso, vergoñento, xa non sabemos que calificativo escoller, pois nese eido van tódolos que se poderían usar. O equipo deportivista foi incapáz de superar a un equipo que chegou en depresión tralo descenso, con 4 rapaces do filial da Terceira e 7 xogadores dos que levaron ao equipo a 2ª B, e ademáis de plantar cara foron mellores.
Dende o clube anunciaron que reclamaron aliñación indebida ao haber preto de un minuto no que o equipo extremeño estivo con 5 xogadores do filial, que sería unha maneira bochornosa de acadar os 3 puntos que se deberon acadar no campo, con só que lle metesen as mesmas gañas ca o rival, que foi quen de empatar e remontar merecidamente.
Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid (Emre Çolak, min. 59), Álex Bergantiños, Montero, David Simón (Hugo Vallejo, min. 73), Borja Valle (Christian Santos, min. 79), Gaku Shibasaki, Aketxe, Sabin Merino (Beauvue, min. 73) y Mollejo.
Extremadura UD: Gonzalo Collao, Álex Díez, Fran Cruz, Borja Granero, Bastos, Cristian, David Rocha (Airan Cabrera, min. 46), Sabit (Gabri, min. 85), Nono (Carrasco, min. 66), Óscar Pinchi y Manu Mosquera (Lele, min. 75).
Goles: 1-0 David Simón (min. 4); 1-1 Montero, en propia meta (min. 68); 1-2 Óscar Pinchi (min. 84); 2-2 Christian Santos (min. 89); 2-3 Óscar Pinchi (min. 90+2).
Árbitro: Arcediano Monescillo (c. castellano-manchego). Tarjeta amarilla a Cristian (min. 14) y Carrasco (min. 88).
ROLDA DE PRENSA
Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “síntome avergoñado. Teño ganas de chorar… Para min é inexplicable. Sei que son adestrador e teño que buscar unha explicación pero xa notei algo en Málaga que non me gustase e hoxe, evidentemente. Cando vexo o rendemento individual dos meus futbolistas, teño unha sensación moi estraña. Perdemos unha gran oportunidade”.
O técnico deportivista cre que “teño que falar, ouvir aos meus xogadores; pero a sensación que me deu desde arriba era descorazonadora… Xa llo dixen aos xogadores tamén. Síntome súper responsabilizado, avergoñado ante o deportivismo e a historia do Deportivo”.
Iso si, aclara que “a sensación que teño é que nos iriamos para casa con moitas posibilidades de salvar a temporada e agora temos que pelexar até o último partido. De gañar hoxe chegaría a casa e estaría co meu neto, que teño un neto precioso. Esa é a situación. Estamos na pelexa pero agora temos que ir a Miranda de Ebro e vén o Fuenlabrada, que si se vai a xogar cousas. Igual necesitamos iso para espertar. Nos últimos dous partidos durmímonos un pouco, coma se estivésemos anestesiados. A nivel de rendemento individual e colectivo estamos un pouco anestesiados ou atontados. Estiven a ver o partido arriba e estou bastante indignado. E ás veces sinto un pouco de vergoña”.
Confesa que leva “con medo e ver o que pode pasar moitísimos meses. A tensión é grande nestes 11 partidos post-pandemia e ás veces parece insuperable. É unha situación dura pero esperaba que hoxe puidésemos gañar. Confiaba bastante na vitoria. Pero o fútbol é canalla. Esta fin de semana está a ser canalla para algúns equipos, entre eles nós”.
Admite que “o que pode pasar agora, á parte de que o obxectivo está preto e pode haber ese fenómeno de relaxación, tamén pode haber un fenómeno de que o equipo compita de forma diferente. Agora entra o pánico ou o temor de que pasa se non ganas. Poden entrar sensacións negativas de pensar ‘se non gañamos o partido…’ Algo de temor, algo de medo ao resultado. E cando un pensa no resultado, se estás a competir e estás a pensar que se algo che sae ben ou che sae mal, seguramente sálgache mal. Fállache a concentración e tes a cabeza nun sitio no que non a tes que ter. Noto na cabeza dos meus futbolistas que algo está a pasar neste sentido cando estabamos a piques de conseguilo”.
-Foto : RC Deportivo
–Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.