A CRÓNICA : DEPOR 2-2 CULTURAL LEONESA : “UN SÓ PUNTO NUN ENCONTRO QUE SE PUIDO GOLEAR”.

Soriano dispuxo de varias ocasións de gol.

 

Depor 2-2 Cultural Leonesa

Gran encontro dos deportivistas, en gran parte do mesmo, pero que quedou retartado polas claras ocasións desperdiciadas, os groseros erros en defensa, e a actuación arnbitral

Posiblemente se veu a mellor versión do Depor desta tempada na primeira metade, na que Edu Sousa, foi un mero espectador, e na que Sosiano mandaba un balón a madeira aos poucos de comezar, e habería ocasións clarísimas de gol. Svensson tivo a segunda, unha inmellorable, pero o seu propio compañeiro, Quiles era o que evitaba io gol o bater nél o balón. A xogada xa viña dunha parada do meta no primeiro pau. Soriano tivo un man a man co porteiro, Quiles fixo o seu primeiro aviso, nun disparo que sacou a defensa a rentes do pau, e ainda antes de irese o descanso, volveu a tela Soriano. No debe arbitral houbo un claro penalti pos pisotón a Antoñito, dentro do área, e perdoou a segunda amarela ao visitante Obolskii, por un cobadazo a Lapeña.

Nada máis voltar o terreo de xogo, un preciso centro de Soriano, era aproveitado por Quiles para facer o 1-0. Non lle sentou ben o gol o propio conxunto deportivista, que caeu en ritmo e atención e veu como empataba a Cultural, na sua primeira aproximación en todo o encontro, marcaba Alarcón, tras unha longa xogada, permitida polos deportivistas.

Quiles volveu a ter unha moi clara, Svensson desaproveitaba un man a man, e Quiles de novo desperdiciaba o que podía ser o seu segundo gol da tarde, pero o que perdoa paga, e nunha contra os leoneses facían o segundo por medio de Percan.

Cano moveu o banco e deu entrada a Víctor Narro, Zalazar e Yeremai, e foi o canteirán o que ap`roveitaba un centro de Rubén Díez, que remataba a bote pronto, para facer o 2-2.

Quedaban 4 minutos máis o desconto, buscou o gol da vitoria o Depor, pero ainda que flotaba sobre o ar, non chegaría.

Soriano desde a frontal facendo intervir ao porteiro en dous tempos, Kuki e Gorka ao alimón no desconto á beira do pau e Quiles alto na última xogada puideron anotar o buscado e merecido gol da vitoria, pero finalmente o terceiro triunfo consecutivo resistiuse de novo ao Dépor, desperdiciando unha gran ocasión para asomarse máis arriba na clasificación, e con varios equipos máis complicados ca este no horizonte.

RC Deportivo: Edu Sousa, Antoñito (Trilli, min. 85), Lapeña, Jaime, Raúl Carnero (Gorka Santamaría, min. 85), Rubén Díez, Olabe (Yeremay, min. 85), Isi Gómez (Víctor Narro, min. 70), Quiles, Svensson (Kuki Zalazar, min. 70) e Mario Soriano.

CyD Leonesa: Salvi Carrasco, Saúl González, Joel López, Pablo Trigueros, Jon Ander Amelibia, Kevin Presa (Cristian Pérez, min. 81), Roberto Alarcón, Obolskii (Jesús Álvarez, min. 71), Solís (Diego Pertejo, min. 28), Néstor Querol (Muguruza, min. 81) e Tarsi Augado.

Goles: 1-0 Quiles (min. 47); 1-1 Roberto Alarcón (min. 51); 1-2 Diego Pertejo (min. 66); 2-2 Yeremay (min. 86).

Árbitro: Català Ferrán. Amoestou a Obolskii (min. 3), Néstor Querol (min. 18), Olabe (min. 25), Jon Ander Amelibia (min. 45).

Incidencias: partido da 12ª xornada de Primera Federación disputado en ABANCA-RIAZOR ante 13.970 espectadores. Na previa Ainhoa Marín, Iván García e Ian Mackay brindaron os seus premios como mellor xogadora da liga Reto Iberdrola na Temporada 2021/22 premiada pola AFE, mellor xogador xuvenil do Grupo IV na Temporada 2021/22 premiado por GOLSMEDIA e mellor porteiro de 1ª RFEF Temporada 2021/22 tamén premiado por GOLSMEDIA. No descanso o Deportivismo ovacionou a Jesús Prieto, campión mundial de Powerlifting e Miguel Fernández Vasco, campión europeo absoluto de categoría Finn de vela.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo RFEF

-Texto : piratasdemuxia