A CRÓNICA : DEPOR 2-1 SD HUESCA : “TRUNFO CORAL”.

 

Depor 2-1 SD Huesca

Funcionou o Depor coma unha coral ante un equipo que loita polo ascenso, e ainda que desafinou no inicio encaixando un verdadeiro golazo, foi subido oitavas para ir interpretando cada vez mellor ata culminar con duas pezas dignas de Mozart.

Tras varias ocasións fallidas, unha delas unha chilena de Chrístian Santos aos 12 minutos de xogo, unha xogada sublime de cáseque todo o equipo, acabou cun golazo dende longa distanza de Ager Aketxe por toda a escadra. Precticamente os mesmos xogadores que xogaran na segunda xornada en Huesca, estaban sobre o campo, ata 7 repetiron e sen ningún dos que viñeron en Decembro no campo.

Xogada e gol para a hemeroteca, un “Ángelus” que comezou en propio campo cunha recuperación de Mujaid ao estilo da casa, que cede a Gaku, este apoiase en Chrístian Santos, para que busque na banda a Salva Ruíz que combina con Mollejo que de calcaño prolonga de novo para Salva Ruiz que saca un centro perfecto, para que chilena, Chrístian Santos, finalice a peza pola escadra, coma se dun só de tenor se tratase. Extraordinaria xogada e extraordinario gol, posiblemente o gol da tempada.

Aínda tivo tempo o Dépor de ampliar distancias no tempo engadido, noutro zapatazo, marca da casa, de Aketxe que, aínda que se atopaba moi escorado, disparou a portería para esixir unha vez máis ao porteiro oscense, que só puido responder desviando o balón cos seus puños.

A segunda metade foi máis de fútbol control e de espera ao adversario para buscar a contra e estar seguros na parcela defensiva. Rozou o empate nos primeiros compases o equipo oscense cun envío lamvendo o traveseiro e outro de Cristo que se estrela no mesmo. Tamén puido acadar a igualada o ex deportivista Luisinho, que mandou un disparo preto da escadra e o seu compañeiro Sergio Gómez fixo lucirse a Dani Giménez, e antes da pausa de hidratación probaban de novo a madeira, eran os mellores intres do equipo oscese no partido.

Fernando Vázquez moveu  peza e cambiou a partitura do equipo ao retirar a Borja Valle para dar entrada a David Simón. Deste xeito, Álex Bergantiños adiantou a súa posición a mediocampo para colocarse xunto a Vicente Gómez e Bóveda colocouse como peche, entre Mujaid e Montero. Así deixou de aparecer o equipo rival polo área e notou o desgaste. Sabin Merino tivo a bocaxarro a oportunidade de pechar o encontro pero topouse co meta Álvaro Fernández que sacou un gol cantado, moi similar o que errou Chrístian Santos a pasada semana a pase de Salva Ruíz ante o Tenerife.

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Álex Bergantiños, Montero, Salva Ruiz (Hugo Vallejo, min. 82), Borja Valle (David Simón, min. 82), Gaku Shibasaki (Vicente Gómez, min. 58), Aketxe, Christian Santos (Sabin Merino, min. 71) e Mollejo (Emre Çolak, min. 71).

SD Huesca: Álvaro Fernández, Miguelón (Mboula, min. 80), Josué Sá, Pulido, Luisinho, Mikel Rico (Juan Carlos, min. 80), Pedro Mosquera (Okazaki, min. 68), Cristo (Eugeni Valderrama, min. 68), Sergio Gómez, Rafa Mir e Ferreiro.

Goles: 0-1 Rafa Mir (min. 8); 1-1 Aketxe (min. 19); 2-1 Christian Santos (min. 43).

Árbitro: Ais Reig (c. valenciano). Estivo ben, non foi él mesmo, o que axuda e mito. Amosoulle cartón amarelo a Pulido (min. 29), Luisinho (min. 45+2), Gaku Shibasaki (min. 47) e Bóveda (min. 84).

O Detalle : Fernando Vázquez dirixeu o equipo dende a grada e incluso se lle escoitaban consignas aos xogadores que as veces se acercaban a banda a recibir instruccións. Décimo encontro consecutivo en Riazor con 6 vitorias e 4 empates.

 

ROLDA DE PRENSA

 

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “cando o obxectivo está preto ás veces é cando máis lonxe está. Vimos dunha situación durísima. Agora vemos o obxectivo preto pero non o temos aínda. Hai que ter moito coidado con este tipo de sensacións e de calma que parece que entra. Eu xa vivín a situación nalgún equipo que me faltaba nada para conseguir o obxectivo e non o conseguín. Estamos preto pero non o conseguimos aínda e o equipo non pode relaxarse en absoluto”.

Subliña o técnico deportivista que “no primeiro tempo estivemos ben situados. Estivo máis avanzado que no segundo. Metéronnos ese gol, outro gol de centro que temos que revisar. No segundo tempo, co 2-1 a favor, quizais nos fomos un pelín atrás, afundímonos demasiado. É algo que deberiamos evitar. Cambiamos o comportamento, fixémonos máis conservadores. No primeiro tempo obrigábanos o marcador”.

Alégrase “especialmente” por Christian Santos, autor do segundo gol, ao cabo definitivo: “Sei que está a sufrir. Cando xogo cun punta só, é difícil para todos os puntas. E nesta situación, que entre un dianteiro e faga gol éncheme de alegría. Especialmente que sexa Christian que fixo un gran traballo e marcou un golazo”.

Confesa estar “máis tranquilo na bancada que no banco. É unha sensación diferente. Véxoo perfectamente. Analizo mellor, iso é verdade; aínda que estás afeito estar no banco. Para un adestrador estar arriba é marabilloso. A pena é que segundo o regulamento un adestrador non pode estar arriba e abaixo. Gustaríame poder cambiar arriba ou abaixo, a elección do adestrador”.

 

MOLLEJO

O atacante deportivista admite que o obxectivo da salvación “está máis preto que nunca. Nós sabemos o mal que o pasamos este ano. Estabamos hundidísimos. En xaneiro, decembro cando chegou o míster estabamos practicamente descendidos e sabemos o que sufrimos e o que nos custou chegar a este punto. Por moito que esteamos preto, non imos parar de saír ao 100% en cada partido e a tentar levarnos os 3 puntos ata que se acabe a liga”.

Asegura que en ningún momento houbo relaxación neste tramo da temporada: “O que menos tivemos é relaxación. O único que tiñamos en mente era arranxar o desastre que tiñamos na primeira volta. Moitas veces lamentámonos porque somos unha dos mellores cadros de Segunda División. Se non fose polo desastre da primeira volta, agora estariamos a loitar por outras cousas. Isto é fútbol, todo isto pasa. Disto apréndese. Neste equipo víronse as persoas e as mentalidades gañadoras de vir arriba nos momentos difíciles. Demostrámolo aínda que aínda queda por dar o último paso”.

Cun once que xa estaba na primeira volta en Abegondo, Mollejo explica que o éxito “foi cadrar as pezas, coñecernos mellor todos. O cambio de mentalidade foi importante e iso é grazas ao míster. Cando este mesmo 11 saïamos en setembro, outubro pensabamos que eramos malos, que non mereciamos defender esta camiseta. Após chegar o míster ese cambio de mentalidade pasou. Nin antes eramos tan malos nin agora somos o mellor equipo da categoría. Así que temos os pés no chan e queremos seguir sumando vitorias”.

Baixo o seu punto de vista, “estamos ante o mellor Deportivo da temporada, un equipo sólido, que en defensa ten as cousas moi claras, en ataque tamén. Sabemos ao que xogamos, confiamos un no outro. É unha pena que isto suceda agora a final de temporada. Se tivésemos 2 ou 3 xornadas máis o equipo podería dar a sorpresa. Agora estamos centrados en certificar a salvación e oxalá que sexa así”.

Por este motivo, admite que no vestiario “hai ganas de cumprir o obxectivo, de salvarnos. Imos deixalo todo para iso. Foi un ano de moitos cambios emocionais. Agora é momento de gozar gañando”. “O equipo pensa en gañar todos os partidos que quedan. Aínda que certifiquemos a salvación imos tentar quedar o máis arriba posible. A realidade é que é moi difícil optar a algo máis por esa primeira volta que nos penaliza. Agora mesmo imos conseguir os máximos puntos posibles e a quedar o mellor posible”, engade Mollejo.

Chancea sobre a ausencia de Fernando Vázquez, sancionado pola súa expulsión en Tenerife o pasado martes: “Non o notamos porque estivo berrando na bancada. Tivémolo presente. Agora aínda que se expulse a un adestrador, ao non haber xente na bancada, escóitaselle desde a bancada. Así que non pasa nada”.

 

PROXIMO ENCONTRO 

Xornada : 39ª

CD Málaga Vs Depor

Día : Mércores 08/07/2020

Hora : 19:30, (17:30 GMT)

Campo : Estadio La Rosaleda

Tv : mitele PLUS

Árbitro : José Antonio López

VAR : GorkaSaguéz Oscos

 

-Foto e Texto :  RC Deportivo/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies