A CRÓNICA : DEPOR 2-1 SALAMANCA : “ATA O RABO TODO É PORCO”.

 

Depor 2-1 Salamanca

Encontro espeso, malo, con moitas imprecisións e con practicamente nada de tensión. Parecía u encontro máis de pretempada, pero non o era. Nas gradas máis de 3.000 deportivistas que cumpriron escrupulosamente os protocolos marcados polo clube, pero que deron un plus ao equipo.

Buscou o gol o Depor dende o incio ante un Salamnca, que nen inquietaba, ne inquietou. Beauvue buscouno de testarazo cruzado, pero non atopou os 3 paus e Keko Gontán de falta, pero tampouco a dinamita dos deportivistas estaba moi seca, ata que na segunda metade que mellorou un tanto o xogo chegou unha xogada con balón colgado por banda que Beauvue remataba de testa ao fondo das mallas chegando dende atrás libre de marca. Todo parecía que a vitoria ía a quedar sen problemas na casa, pois os salmantinos non asustaban a ninguén, pero chegou unha falta no pico do área da banda de Preferenza, que despexaba ben Carlos Abad, pero no saque de curruncho posterior o meta branquiazul despexaba de puños, mal e no borde do área Candelas remataba a “bote pronto” en bolea para facer un empate que pouco preocupaba, visto o visto, pero esto é fútbol e comezaron as presións o home, as perdas de tmpo, e tódalas artimañas por parte dos visitanes, ante un Dpor que erraba pases doados e que non era quen de facerse co dominio da bola, ata que Fernando Vázquez fixo 3 trocos dun golp, un deles, o de Keko Gontán non compartido pola grada, pois estaba a ser un incordio para os visitantes.

Cos trocos o Depor acosou a meta salmantina e así chegaría o gol, xa no minuto 97, tras imnumerablees perdas de tempo dos visitantes aos que lles caían as peras do árbore cada dous por tres, pero o castigo chegoulles tras un pase a banda esquerda de Bergantiños a Gandoy no pico do área que centraba de maneira perfecta para que Eneko Bóveda que viñera o medio, rematase de testa dende o punto de penalti para deixar os primeiros 3 puntos en Riazor, cando todo apuntaba a n triste 1-1 como o foi o encontro, dun Depor ainda moi verde en varias das suas pezas. O dito galego de que “ata o rabo todo é porco” deuse nesta ocasión, como noutras ocasións o temos vivido en contra.

Depor : Carlos Abad, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Salva Ruiz (Derik, min. 84), Nacho González (Gandoy, min. 71), Álex Bergantiños, Borges (Uche Agbo, min. 71), Keko (Miku, min. 84), Claudio Beauvue e Lara (Borja Galán, min. 71).

Salamanca CF UDS : Javi Jiménez, Nacho López, Delorenzi, Kristian, Leo Sepúlveda (Jonathan Lacerda, min. 88), Candelas, Fer Llorente, Sergio Molina, Telles (Amaro, min. 82), Ernest Ohemeng (Diego Chávez, min. 46) e Uxío (Jorge Mora, min. 64).

Goles : 1-0 Claudio Beauvue (min. 46); 1-1 Candelas (min. 66); 2-1 Bóveda (min. 90+7).

Árbitro : Alemán Pérez (c. As Palmas). Cartón amarelo a Borges (min. 39), Nacho González (min. 41), Leo Sepúlveda (min. 45), Lara (min. 63) e Uche Agbo (min. 90).

Incidencias: partido da 1ª xornada do Subgrupo A do Grupo 1 de Segunda División B disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR, por primeira vez con público nas bancadas, con capacidade reducida, desde o inicio da pandemia do COVID-19.

ROLDA DE PRENSA DE FERNANDO VÁZQUEZ

 

 

 

ZONA MIXTA

-ENEKO BÓVEDA-

 

 

 

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies