A CRÓNICA : DEPOR 2-1 RAYO MAJADAHONDA : “HABÍA QUE GAÑAR E GAÑOUSE”.

 

Depor 2-1 Rayo Majadahonda

O equipo branquiazul recibía a un dos que loitan pola promoción de ascenso. Un equipo que estaba a 4 puntos e podía complicar as cousas máis do que están, pero non se enrrugou, soubo dominar primeiro e sufrir despois.

Primeira metade de bo fútbol, cunha defensa que non deu ningunha concesión, e que se sumou o ataque, e que ata marcou. Un medio do campo excelente, cun enorme encontro de Juerguen e Bergantiños, e unha parte dianteira que incordiou o rival.

A sehunda foi de sufriimento, e máis dende o gol do equipo visitante aos 9 minutos de xogo. Moito nervosismo, en especial nas xogadas a balón parado. Souberon sufrir e firmar 3 puntos máis de cara a firmar a promoción e alonxar a un rival direto.

Unha falta sobre William aos 6 minutos de xogo, era botada por Juerguen a onde costa moito despexar, Lapeña de testa marcaba o 1-0 ao máis puro estilo dun dianteiro. Un remate impecable e insontestable.

Dominio de balón e chegadas perigosas, e nun roubo de balón, Soriano busca a Noel sobre o que cometen penalti. William, cáseque andando materializa a pena máxima.

Pouco despois Lapeña tivo a oportunidade de facer o 3-0, cun remate que se foi lambendo o longueiro, e noutra falta colgada o área por Juerguen, de novo Lapeña tivo o gol, pero este non chegaría, e iso que antes do descanso, Noel, en xogada persoal, chegaba a liña de fondo, e cáseque sen ángulo disparaba e o meta Champagne desviaba ca punta dos dedos un gol cantado.

A segunda metade foi completamente diferente. Tras un saque de curruncho aos 54 minutos de xogo, Mackay fai o paradón da tarde, e no rexeite cáelle a Casado, que a boicaxarro non perdoa.

Pouco despois gran cabalgada de Héctor Hernández, que chega a liña de fondo, da o pase da morte, o balón chégalle a William, que só para marcar, manda o balón fora, pegado o poste.

Os derradeiros 20 minutos foron de dominio visitante, colgando balóns o área e con moito fútbol direto. Moito nervosismo pola incerteza do resultado, pero sen ser quen de rematar nen unha soa vez antre os 3 paus, gracias as anticipacións de Mackay e o traballo da defensa.

Depor : Mackay, Diego Villares, Lapeña, Borja Granero, Héctor Hernández, Josep Calavera (Rafa de Vicente, min. 77), Álex Bergantiños, Juergen Elitim, William (Álvaro Rey, min. 85), Noel e Mario Soriano (Doncel, min. 70).

CF Rayo Majadahonda : Nereo Champagne, Ángel Bastos (Manny Alexander, min. 84), Álvaro Vega, Jorge Casado, Philip Osei (Borja González, min. 46), Javi Gómez (Héctor Hernández, min. 46), Mario García, Jesús Bernal (Tropi, min. 46), Nando, Néstor Albiach (Mawi, min. 70) e Rubén Sánchez.

Goles: 1-0 Lapeña (min. 6); 2-0 William, de penalti (min. 22); 2-1 Jorge Casado (min. 54).

Árbitro: Guillermo Conejero Sánchez (c. estremeño). Cartón amarelo a Philip Osei (min. 25), Mario García (min. 56), Rubén Sánchez (min. 73) e Álvaro Vega (min. 80).

Incidencias: partido correspondente á 30ª xornada do grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Estadio de Riazor ante 11.583 espectadores.

In memorian

No minuto 30 cerrado aplauso de todo o estadio en memoria de Unai, membro da Peña Cheka, que fatidicamente faleceu esta semana nun accidente na Refinería da Coruña. Nos videomarcadores o clube puxo unha foto sua, nese emotivo minuto.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies