A CRÓNICA : DEPOR 2-1 LINARES : “VITORIA CON BOAS SENSACIÓNS”.

 

Depor 2-1 Linares Deportivo

Cando chega un adestrador novo,na maioría das veces, o equipo reactívase, e desta volta deuse o caso, e axudado de outras connotacións.

Óscar Cano estrésase con vitoria, e ante un moi bo equipo, cunha presión alta e as veces por todo o campo, e que sabe moi ben a que xoga. 

Dispuxo o novo adestrador deportivista dun equipo que comezou cun 4-3-3, e que segundo as circunstancias foi mudando, ata acumular a 4 xogadores en defensa, un por diante e 4 na media punta, e un só en punta. A defensa foi a dos derradeiros tempos, con Antoñito pola dereira, con Lapeña e Martínez, como centrais, e Raúl pola esquerda, con Bergantiños por diante, que as veces se incrustaba na defensa, e con Olabe por diante dél, con Rubén Díez,  de enganche e tirados aos extremos Soriano pola esquerda e Quiles pola dereita, con Max Svensson na punta, e con moita movilidade.

Foi clave a entrega que ofreceron os xogadores, e nun intercambio de golpes, nunha e outra área, Svensson, aproveitaba un erro en medio campo dos rivais, recuperado por Rubén Díez, conducía ata o borde do área e asistía a Quiles, cunha vaselina, para que este batise por baixo, pegado o pau, ao meta visitante.

Non deu tempo a respirar e xa chegaba o segundo, tras remates a porta de Svensson, e Soriano, a bocaxarro e desviados polo meta, chega o segundo rexeite a Rubén Díez, que non falla dende o punto de penalti.

Pero como xa estamos acostumados, a primeira que erramos, gol en contra, e así foi. Erro de Bergantiños en defender un balón laretal, pase da morte e 2-1. 

Comezou mellor o Linares na segunda metade e busocu con insistencia o empate, pero foi collendo o ton o Depor e tivo ocasións coma para pechar o terceiro gol, ata houbo un posible penalti, por mans. Soriano tivo a máis clara, baixo paus, pero topouse co meta. Svensson tamén gozou de duas boas, pero nunha mandou alto e na outra topouse co lateral da rede.

O Detalle : Se contamos ao desaparecido Deportivo Linares, este era o enfrontamento número 7 antre os dous equipos, e este gol foi o primeiro que fixo o equipo andalúz en Riazor, onde perdeu as 7 veces que veu.

O mellor : Sen dúbida Svensson, que se achicou, durante todo o partido, moveuse insistentemente, asistiu, buscou e mereceu o gol, e tivo que ser cambiado, agotado, e co aplauso da afección. Tamén foi do mellor ver celebrar a Quiles o seu primeiro gol da tempada, que amosou o desexo que tiña de que chegase.

Asistencia : Encontro da 8ª xornada, con 15.422 afeccionados en Riazor, a pesares de que a mala climatoloxía durante todo o día no restio de Galicia, fixo que se fixera moi complicado ir a Riazor, para voltar de noite e con chuvia.

Depor : Mackay, Antoñito, Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Olabe (Diego Villares, min. 85), Álex Bergantiños, Rubén Díez (Ibai, min. 85), Mario Soriano, Svensson (Santamaría, min. 73) e Quiles (Zalazar, min. 81).

Linares Deportivo : Samu Casado, Javi Duarte (Dani Perejón, min. 46), Caro, Fran Callejón (Edu Viaña, min. 88), Candelas (Iván, min. 69), Arnedo (Lolo González, min. 69), Aitor Gelardo, Fermín, Abeledo (Fran García, min. 78), Samu Corral e Sancris.

Goles : 1-0 Quiles (min. 39); 2-0 Rubén Díez (min. 42); 2-1 Samu Corral (min. 45).

Árbitro : Pardeiro Puente (c. cántabro). Cartón amarelo a Rubén Díez (min. 17), Samu Corral (min. 28), Fermín (min. 33), Zalazar, min. 87), Fran García (min. 90) e Santamaría (min. 90+5).

 

 

-Vídeo : RFEF

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo.