A CRÓNICA : DEPOR 2-1 CULTURAL LEONESA : “MENOS MAL”.

Nenos e nenas coas camisetas de equipos coruñeses.

 

Depor 2-1 Cultural Leonesa

Comezaba o encontro sabadores de que o Racing de Santander gañara en Logroño, (1-2), gracias a un gol dos rídículos, no que un central logroñés, cedíalle o balón o porteiro e este pifiaba e íaselle o balón por debaixo do pe a gol.

Moita tensión e perdas de balón, nos primeiros compases de encontro. Mediocampismo dos dous equipos e sen chegadas de perigo. Nin a acción do gol deportivista era unha ocasión manifesta de gol, senón que él mesmo fabricouno e finalizouna. Recibeu o balón no área trsd un rexeite do porteiro, revólvese busca posición e dispara antre unha morea de xogadores contrarios, e axusta o pau esquerdo do meta visitante, que estaba escorado hacia o dereito.

Gol balsámico e necesario, que foi o único destacable no primeiro tempo. Xa no no segundo pronto chegaba o disgusto. Un erro en cadea de Villares, (xogou de lateral dereito), e Lapeña, Nahuel vaise a carón da liña de fondo, Mackay sae a tapar, pero este cede o punto de penalti, onde o dianteiro ruso Obliskiy marque a pracer.

A resposta foi inmediata e nunha incursión no área, de William de Camargo, este é derribado cando xa estaba disposto a disparar a porta. Penalti claro, que Quiles se encargou de materializar, tras dous errados por Miku. Na xogada do penalti foi expulsado o ver o segundo cartón amarelo, o central visitante Fran Cruz.

Ata o final nada reseñable, nun choque moi igualado e no os tiros a porta con perigo, foron os goles.

No desconto Borja Jiménez daba entrada a Noel por Miku e recibía algunha que outra pitada de desconformidade dun sector do púbrico. Miku saía con molestias, nun choque no que pouco hai que destacar dél, e que debería ser trocado moito antes.

Depor: Mackay, Villares, Lapeña, Jaime, Héctor (Aguirre, min. 80), Álex, Rafa de Vicente, Juergen, Quiles, William (Soriano, min. 84) e Miku (Noel, min. 90+2).

CyD Leonesa: Dani Sotres, Mangana (Percan, min. 84), Escobar, Castañeda (Jorge Moreno, min. 90), Jon Ander, Ketu, Solís, Obolskii (Cerrajería, min. 84), Álvaro Juan (Nahuel, min. 55), Fran Cruz e Sierra.

Goles: 1-0 Quiles (min. 34); 1-1 Obolskii (min. 61); 2-1 Quiles -p- (min. 65)

Árbitro: Muñoz Pérez (c. Valenciano). Amoestou a Fran Cruz (min. 32 e 64); Jon Ander (min. 42), Nahuel (min. 90+2)

Incidencias: partido da 27ª xornada de Primeira RFEF disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 14.278 espectadores no Día do Fútbol Afeccionado en favor da AFAC. Antes de comezar o partido gardar un minuto de silencio en memoria de Juan Carlos Escotet Alviárez.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo