A CRÓNICA : DEPOR 2-1 CD NUMANCIA : “BOLA DE PARTIDO”.

 

Depor 2-1 CD Numancia

Este encontro fai poucas semanas nin serían quen de gañalo. A historia pasada a curto prazo decía que calquer equipo que nos fixese un gol, ou nos empatase o encontro, sacaba algo positivo. Desta volta non foi así e ante un bo rival os deportivistas puxérinse por dinte cun tanto de Celso Borges, que volveu a ser o magnífico xogador que lembramos, antes da sua aventura grega. Por fin aproveitaban os deportivistas unha xogada a balón parado. Corner sacado en cunto antre Keko Gontan e Héctor Hernández, pase a Lara, que coma un guante colgaba no área para que Borges entrando dende atrás, fixese o 0-1. Moi ben os deportivistas de saida, con presión alta e afogando aos numantinos que chegaban cunha xeira de 5 encontros consecutivos gañando. Villares e Miku xa puideron ter aberto o marcado, pero os seus lanzamentos pasaron lambendo o poste. Tralo gol deportivista, o equipo numantino deu un paso adiante e puido empatar en 3 boas xogadas nas que correu un suspiro polas calugas branquiazuis, pero non se movería o marcador.

A segunda metade comezou con polémica. Dous fóras de xogo máis que dubidosos fóronlle sinalados a Keko a pase de Álex e a Miku a centro pasado de Keko en accións na interior da área. Aos dez minutos, o Numancia logrou o tanto da igualada. Asier Benito cabeceou de socato, completamente só, un centro desde a esquerda a perna cambiada de Tamayo que atopou o oco entre os dous centrais deportivistas.

Non se descompuxo o equipo deportivista, como acostumaba a pasar non fai moito, e puido chegar o gol por medio de Keko, pero unha nova fora de xogo máis ca dubidosa cortaba a xogada trala internada do xogador deportivista en plena área. Corría o miuto 66. Cinco minutos despois, un despexe dun xogador soriano foi a parar ao brazo dereito do capitán Lillo, que non puido apartalo cando o balón se marchaba a córner. O colexiado sinalou o punto de penalti, desde onde Miku non perdoou. O venezolano enganou ao gardameta do conxunto castelán para poñer de novo en vantaxe ao Dépor.

O tramo final deixou varias accións importantes. Como a que se produciu no minuto 77, cando o Deportivo recuperou o esférico en tres cuartos con moita vantaxe. Keko internouse pola media lúa e Cotán derrubouno. O colexiado, que perdeu os papeles o non saber quen fixera a falta, ensinoulle a tarxeta vermella directa a Borja López, que ademáis de ser esaxerado, non era o infractor. Borges lanzou a falta suave por riba da barreira. Ximo Miralles alcanzou a pelota con dificultade pero evitou o tanto. Cun home máis sobre o terreo de xogo, os branquiazuis dispuxeron de varias oportunidades para sentenciar o choque ante un Numancia envorcado ao ataque malia a inferioridade numérica.

Tres puntos “de bola de  partido”, coma se de tenis se tratase, que deixa moi de cara a clasificación para a vindeira 1ª RFEF, con 2 puntos sobre o Ferrol e 4 sobre o Numancia, e sabendo que ambos deberán enfrontarse antre eles. 

 

Depor: Lucho García, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Héctor Hernández, Borges (Uche Agbo, min. 81), Álex Bergantiños, Villares, Keko (Rayco, min. 81), Miku e Lara (Raí, min. 56).

CD Numancia: Ximo Miralles (Jara, min. 80), Lillo, Borja López, David Castro, Diego Aguirre, Menudo, Manzanara, Cotán, Moha (Rubén del Campo, min. 85), Asier Benito (Gabarre, min. 80) e Tamayo (José Fran, min. 80).

Gol : 1-0 Borges (min. 22); 1-1 Asier Benito (min. 55); 2-1 Miku, de penalti (min. 72).

Árbitro: Pérez Muley (c. madrileño). Expulsou con vermella directa a Borja López (min. 77). Cartóns amarelos a Diego Aguirre (min. 42), David Castro (min. 44), Borja Granero (min. 58) e Moha (min. 72).

Incidencias: Partido da 3ª xornada do Grupo 1 Subgrupo D de Segunda División B disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con asistencia limitada a 1.000 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies