A CRÓNICA : DEPOR 2-1 BALOMPÉDICA LINENSE : “DE MENOS A MÁIS CON REMONTADA NUNHA BOA SEGUNDA METADE”.

 

Depor 2-1 Balompédica Linense

Espeso estivo o Depor na primeira metade ante un La Balona que ocupou toda a sua parcela de campo, saíndo só nalgún contrataque, tras roubo. Con todo eso o mellor xogador do primeiro tempo foi o seu porteiro, que lle sacou un balón de gol cantado a Quiles, outro a Raúl Carnero tras un zapatazo dende 30 metros, voando ata escadra o meta Varo. Quiles tamén cabeceou un balón que un defensa sacou en liña de gol, pero todo esto tras un par de boas ocasións dos visitantes, unha delas con lucimento de Mackay, e tralo gol que chegaba tras 3 saques de curruncho consecutivos.

Na segunda metade os retoques de Borja Jiménez deron resultado e xa só houbo un equipo sobre o terreo de xogo, con dominio e pasando a maioría do tempo en campo contrario

Gorka Santamaría tivo o gol a pase de Antoñito, pero non tardou en chegar o empate. Quiles no área, deixáballa de tacón a Soriano, que chegaba a liña de fondo e marcaba de tiro cruzado, batendo no pau contrario e para adentro, cáseque sen ángulo, corría o minuto 57. 

Jaime, xogando en campo contrario a piques estaba de marcar de volea, pouco despois do empate, preludio do gol da tarde. Soriano collía un rexeite da zaga linense, íase de tres, plantábase ante o porteiro e batíao por baixo.

O propio Soriano tivo a sentenza tras un estupendo pase de Trilli, que entrara no sitio de Antoñito, que tivo que sair por problemas musculares. O canteirán centraba e Varo en boca de gol sacaba unha man prodixiosa a remate de Soriano, pero xa antes Rubén Díez, tivo o gol a centro de Carnero.

Pero as pantasmas retornaron a Riazor no desconto. O Linense, do que non houbo noticia en toda a segunda metade, cobrou unha falta nun sitio similar as do Albacete, non fai moito, pero desta volta Mackay despexou de puños o tiro dos visitantes.

Primeiros 3 puntos ante un bo equipo, que xa amosou ante o Castilla que vai a dar máis de un disgusto, e que na primeira metade puxo as cousas moi difíciles.

 

 

Depor : Mackay, Antoñito (Trilli, min. 76), Lapeña, Jaime, Raúl Carnero, Álex Bergantiños, Diego Villares, Quiles, Mario Soriano (Isi Gómez, min. 85), Víctor Narro (Ibai, min. 85) e Santamaría (Rubén Díez, min. 68).

Real Balompédica Linense: Varo, Loren (Yassin Fekir, min. 76), Fran Morante, Delmonte, Jesús Muñoz, Alhassan Koroma (Alu Koroma, min. 63), Antonio Romero, Masllorens, Omar (Álex Guti, min. 63), Toni García (João Pedro, min. 76) e Nacho Heras.

Goles: 0-1 Delmonte (min. 30); 1-1 Mario Soriano (min. 57); 2-1 Mario Soriano (min. 68).

Árbitro: Pérez Muley (Comité madrileño). Cartón amarelo a Antonio Romero (min. 38), Antoñito (min. 42), Nacho Heras (min. 68) e Diego Villares (min. 83).

Incidencias: partido da 2ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 15.270 espectadores.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo