A CRÓNICA : DEPOR 2-0 ZAMORA : “NON PUIDO SER”.

 

Depor 2-0 Zamora CF

Bo encontro en xeral de tódolos xogadores, que dominaron a practica totalidade do choque e puideron cegar o treito final cunha ventaxe moito maior, pero unhas veces o porteiro visitante e outras a falla de definición fixo que se xgease o final con 1-0, cun golazo de Keko Gontan, (16´), e completaríase no 90 cun tanto de penalti de Borja Galán. Un penalti comatido sobre Lara que viña de sustituir a Raí.

Non chegou ca vitoria para meterse na Fase de Ascenso, debido a que o C. Vigo “B” derrotaba ao Coruxo no Vao, (1-2), un Coruxo que non foi o de outros encontros, e o Unionistas empataba co Ferrol, que o tentou dende o inicio e con 0-0 mandou un balón ao pau, pero o equipo salmantino foi o de toda a tempada na que marcando un gol chegoulle para empatar ou gañar.

Cos resultados que se deron o Depor quedou fora por 1 punto, con 29, polos 30 dos 3 que pasan de fase. Agora toca xogar por estar na 1ª RFEF da vindeira tempada xunto co Ferrol e o Compostela.

 

Calendario

O equipo branquiazul abrirá a segunda fase como local contra o Mariñno de Luanco no estadio de Riazor nun partido aínda sen data concreta, pero que se xogará a fin de semana do 3 e o 4 de abril. Na segunda xornada o equipo coruñés visitará ao Langreo, quinto clasificado do subgrupo B, nun choque que se disputará o 10 ou o 11 de abril, e pechará a primeira volta en Riazor fronte ao Numancia o 17 ou o 18 de abril. Aínda que se meditaron outras posibilidades, finalmente a segunda volta seguirá o mesmo esquema que a primeira. Así, o Deportivo visitará ao Marino de Luanco o 24 ou o 25 de abril, recibirá ao Langreo o 1 ou o 2 de maio e pechará esta segunda fase en Soria para enfrontarse ao Numancia o 8 ou o 9 de maio.

Deportivo: Lucho García, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Salva Ruiz (Valín, min. 88), Villares, Álex Bergantiños, Uche Agbo, Keko (Lara, min. 78), Miku (Borja Galán, min. 70) e Raí (Rayco, min. 78).

Zamora CF: Jon Villanueva, Dani, Íñigo Piña (Asiel, min. 90+2) (Sergio García, min. 90+5), Adrián Crespo, Álex Menéndez, Ángel (Escudero, min. 46), Vallejo, Nico Delmonte (Coscia, min. 83), Carlos Ramos (Aziz, min. 90+2), Dani Hernández e Guille Perero.

Goles: 1-0 Keko (min. 17); 2-0 Borja Galán, de penalti (min. 90+1).

Árbitro: Pérez Hernández (c. madrileño). Cartóns amarelos a Bóveda (min. 8), Ángel (min. 27), Nico Delmonte (min. 41) e Dani (min. 80).

Incidencias: partido da 18ª xornada do Grupo 1 Subgrupo A de Segunda División B disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con asistencia limitada a 500 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies