Boa entrada en Riazor a pesares do mal tempo.
Depor 2-0 SD Logroñés
Vitoria pouco brilante pero máis ca necesaria, ante un Logroñés que só chegou con perigo nunha ocasión poñendo o “ui” nagrada. Pouco destacable na primeira metade máis co gol, que chegaba tras unha falta sobre Villares escorada a esquerda da porta logroñesa e que Lucas, tras un forte disparon estrelaba no pau e o rexeite era aproveitado por Pablo Martínez que sumaba o seu segundo tanto coma deportivista e segundo seguido en Riazor. O francoespañol celebraba de novo o tanto facendo o cangrexo. Pasada a media hora de xogo nun saque de curruncho botado por Salva Sevilla que mandaba o balón o longueiro.
Na segunda metade o Logroñés que defendía máis que atacaba, saiu a polo empate e fíxose ver pola área deportivista e tivo a sua mellor ocasión, por medio de Escobar, que remataba o lateral da rede un balón colgado o área e antre varios deportivistas. Salva Sevilla, nunha boa xogada combinatiba, mandaba un pase antre liñas a Lucas, que chegaba o fondo do área e cun pase o punto de penalti, asistía a Davo que facía o seu primeiro gol como deportivista. Corría o minuto 65 e aí acabou un encontro máis para dormir que para saltar na grada.
Ata o final só se pode destacar, un remate froxo dende o punto de penalti de Paris Adot, que desperdiciaba unha boa ocasión de gol, e unha falta sacada por Hugo Rama lanzada con moito perigo e que fixo empregarse a fondo o meta visitante. Para os visitantes un pase antre liñas que deixa só o dianteiro Escobar e que remata fatal ante Germán Parreño, que xogou no sitio de Mackay como novidade.
Depor : Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Salva Sevilla, Jose Ángel, Diego Villares (Rubén López, min. 90+3), Pablo Valcarce (Cayarga, min. 64), Davo (Hugo Rama, min. 75) e Lucas (Martín Ochoa, min. 90+3).
SD Logroñés: Iruarrizaga, Gexan (Trespalacios, min. 82), Aurtenetxe, Murua (Cova, min. 82), Paredes, Javi Castellano, Toni García, Óscar Fernández (Luzzi, min. 73), Damià (Jannick, min. 62), Pepe Carmona (Rubén López, min. 46) e Jordi Escobar.
Goles: 1-0 Pablo Martínez (min. 10); 2-0 Davo (min. 65).
Árbitro: Néstor Holgueras Castellanos (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Paredes (min. 9), Aurtenetxe (min. 17), Davo (min. 23), Jose Ángel (min. 53), Diego Villares (min. 68), Jannick (min. 69), Murua (min. 75), Pablo Vázquez (min. 77), Gexan (min. 78) e Javi Castellano (min. 89).
Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 18.557 espectadores. José Ángel veu o quinto cartón amarelo polo que non poderá xogar en Tarazona.
- Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeo : RFEF