A CRÓNICA : DEPOR 2-0 FERROL : “DOMINIO, CONTROL E GOL”.

Terceiro gol de Villares esta tempada.

 

Depor 2-0 Ferrol

Volveu a lucir un gran xogo en Riazor o Depor, como xa o fixera contra a Cultural e o Córdoba, pero desta vez completando todo. Tivo dominio do balón, control do mesmo, e gol, que foi o que lle faltou nos outros dous encontros.

Asfixiou o rival cunha presión constante e non ocncedeu máis ca un tiro as mans de Mackay, e un remate alto, nos máis de 90 minutos de xogo.

Sairon polos sancionados Soriano e Olabe, Víctor Narro e Villares, e ambos brilaron, especialmente o “Mago de Samarugo”, que marcou o primeiro gol ao estar atento, e coma unha bala aparecerlle a por detrás o defensa ferrolano, levarlle o balón, bailar o porteiro e marcar a porta baleira. pouco antes Narro sacaba un bo centro por banda, que Quiles remataba alto, en boca de gol.

Tamén participou no segundo Villares, que rouba o balón, pasallo a Rubén Díez, e este asiste a Svensson, que de forte tiro cruzado bate a Gazzaneiga. Pouco despois, Antoñito, indo a presionar o porteiro, cáseque marca o terceiro. A bagaxe ferrollana foi un corner, no que Mackay saiu de puños. 

Na segunda metade Parralo fixo 3 trocos xa de inicio, tentando buscar a reacción do seu equipo, pero o Depor sigueu ca sua presión, e buscando as contras. Pablo Martínez, ao máis puro estilo Djukic, saeu cun balón, percorreu tres cuartos de campo e dende 30 metros sacou un forte disparo, axustado o pau, que o meta visitante desviou ca punteira dos dedos a corner.

Un remate de cabeza de Jardí, foi o único perigo dos visiatntes en toda a segunda metade, dado o extraordinario control do xogo dos branquiazuis, que puideron marcar no treito final, por medio de Yeremay, que entraba no 92 por Rubén Díez, e estrelaba un balón no lateral da rede, e por medio de Zalazar, que entrara no 68 por Narro. O dianteiro con todo para marcar mandou fora, a porta baleira, un envío de Svensson. No seu favor decir que era demasiado forte, puido ir dentro, como foi fora.

Ca derrota do Córdoba en Alcorcón, (3-0), volve a ser a distanza de 7 puntos co lider. Os andaluces, caeron tal e como tiña que haber pasado aquí fai unha semana, e amosouse que o Alcorcón vai a dar moita lata.

Depor: Mackay, Antoñito, Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Rubén Díez (Yeremay, min. 90+2), Diego Villares (Jaime, min. 90+2), Isi Gómez (Álex Bergantiños, min. 78), Quiles, Svensson (Santamaría, min. 90+2) e Víctor Narro (Kuki Zalazar, min. 68).

Ferrol: Gazzaniga, Bourdal (Jon García, min. 76), Pascual, Jesús Bernal (Del Pozo, min. 80), Heber (Manu Justo, min. 52), Álex López (Luis Chacón, min. 52), David Castro, Fran Manzanara, Brais Martínez, Joselu (Jardí, min. 52) e Carlos Vicente.

Goles: 1-0. Villares (min. 25); 2-0, Svensson (min. 30).

Árbitro: Conejero Sánchez (c. Estremeño). Amoestou a Pascual (min. 10), Álex López (min. 34), Isi Gómez (min. 44), Manzanara (min. 55), Jardí (min. 60), Carlos Vicente (min. 77) e Manu Justo (min. 88).

Incidencias: Partido da 16ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 18.452 espectadores.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : RFEF