A CRÓNICA : DEPOR 2-0 C.VIGO B : “IMPORTANTE VITORIA ANTE UN RIVAL QUE NON FOI QUEN DE TIRAR UNHA SOA VEZ A PORTA”.

Lucas e Quiles fixeron os goles deportivistas.

 

Depor 3-0 C. de Vigo B

Encontro completo do Depor tanto en defensa como en ataque, ante o que viña a ser o mellor viistante da liga dende Novembro. As malas sensacións dos encontros ante o Castilla e o Cultural Leonesa no fixeron mella e o equipo branquazul foi quen de frear a un equipo que viña en moi boa dinámica e que destacaba pola sua rapidez no ritmo de xogo, e a sua verticalidade.

Desta volta conseguiron non só apretar dende arriba, que senón amosar unha solvencia defensiva que fixo que os visitantes non foran quen de tirar nin unha soa vez antre os 3 paus, e que se lle contabilizase tan só un tiro alto dende lonxe.

Na primeira metade Rubén Díez dispuxo dunha boa ocasión, e o seu tiro dende o borde do área petou nas pernas dun defensa, cando o meta xa se tirara o outro costado. Pablo Martínez tentouno de lonxe pasada a media hora de xogo, e Lucas probou ao meta visitante antes o descanso, e despois de que os vigueses quedarn cun menos o ver Medrano o segundo cartón amarelo, o derribar a Soriano o borde do área. Falta que lucas mandou alta.

Na segunda metade os vigueses sairon cun 4-4-1, cas liñas moi xuntas atrás, para tratar de defender, roubar e irse o contra golpe, pero eso fixo que o Depor chegase con maior facilidade que nos primeiros 45 minutos. Soriano tivo unha gran ocasión que desperdizou cun remate alto, e pouco despois Pepe Sánchez mandaba un testarazo a madeira. 

Óscar Cano deu entrada a Max Svensson a hora de xogo por Isi Gómez, pasando a xogar con Villares e Rubén Díez en dobre pivote e sumar poder o ataque deportivista. Non tardou en chegar o primeiro, Lucas recolleu un rexeite da defensa a tiro de Soriano, e mandou un zurdazo o pau dereito da meta visitante, para facer o seu 7º gol en 12 encontros, no día de celebración do 7º título, e a cargo do 7 deportivista, que celebrou cun 7 o tanto.

Diego Villares acariñou o segundo tanto ao peitear un centro de Mario Soriano a perna cambiada. O coiro foise alto por pouco. E no minuto 78, Svensson anticipouse a Christian Joel nun balón longo, o porteiro visitante derrubouno e o colexiado decretou pena máxima. Quiles bateu ao gardameta para abrir fenda no marcador co seu undécimo gol da temporada.

Decimocuarto encontro dos deportivistas ca porta a cero e que vale para poñerse provisionalmente segundos a 3 puntos do Alcorcón que non pasaba do empate ante o ceuta, (2-2). O Córdoba-Ferrol aprazouse o sábado aos 11 minutos de xogo co resultado de 1-1, ao caer desplomado o xogador local, Gudelj, o cal foi reanimado no terreo de xogo polos servizos médicos de ambos equipos.

Depor : Mackay, Antoñito, Pepe Sánchez (Lapeña, min. 86), Pablo Martínez, Lebedenko, Rubén Díez (Álex Bergantiños, min. 82), Diego Villares, Isi Gómez (Svensson, min. 63), Quiles (Yeremay, min. 86), Lucas e Mario Soriano (Saverio, min. 86).

C. de Vigo B: Christian Joel, Carrique, Javi Domínguez, Carlos Domínguez, Gael Alonso (Montes, min. 81), Medrano, Raúl Blanco (Durán, min. 46), Martín (San Bartolomé, min. 46), Hugo Sotelo (Damián, min. 60), Hugo Álvarez e Lautaro (Manu Garrido, min. 64).

Goles: 1-0 Lucas (min. 66); 2-0 Quiles, de penalti (min. 80).

Árbitro: Miguel Ángel Pérez Hernández (c. madrileño). Expulsou por dobre amarela a Medrano (min. 41). Cartón amarelo a Medrano (min. 14), Antoñito (min. 27), Hugo Sotelo (min. 52), Lebedenko (min. 68), Damián (min. 76), Christian Joel (min. 78), Mario Soriano (min. 84) e Carrique (min. 89).

Incidencias: Partido da 29ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 25.135 espectadores. No descanso do encontro tivo lugar o sorteo do Campionato das Rexións UEFA. Antoñito veu o quinto cartón amarelo polo que non poderá ser da partida o vindeiro sábado no reina Sofía ante Unionistas de Salamanca, a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT). Pepe Sánchez saeu no 86 con molestias no cuadriceps esquerdo, pendente de probas.

 

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”