A CRÓNICA : DEPOR 1-3 ELXE : “REGALANDO TANTO É IMPOSIBLE”

 

Depor 1-3 Elxe

Comezou mal o encontro para o equipo deportivista cun gol de libre direto aos 13 minutos de xogo, nun lanzamento axustado o pau por enriba dunha barrera a que Dani Giménez lle protestou non haber saltado. A trancas e barrancas chegou o gol do empate, tras unha boa xogada por banda antre Montero e Salva Ruíz que centra e Mollejo remata a gol no borde do área pequena. Peru Nolaskoain puido facer o 2-1 pero un lanzamento dél dende o borde do área foise preto do pau longo.

Na segunda metade parecía que o Depor saía a por todas e Koné tivo o gol pero quedouselle o meta visitante co balón no punto de penalti nun balón dividido, e tras pedir un penalti por mans que cortan a dirección do balón, e que o VAR non deu como penalti, (cada día lembramos máis o penalti que lle dan aquí o Albacete e que supuxo a derrota 0-1), chega pouco depois un penalti innecesario de Dani Giméez, para que os ilicitanos se poñan 1-2. Apretou o equipo branquiazul e buscou o empate, Víctor Mollejo fixo lucirse o meta Edgar Badía, un dos mellores da categoría, e cando parecía que se cantaba o empate, unha perda innecesaria de Aketxe en medio do campo, provocou o contragolpe con superioridade dos visitantes no ataque. Dani parou en primeira instancia o disparo de Nino, pero o rexeite caeulle a Milla que marca a pracer. Así é imposible facer algo, se se regala tanto.

Depor: Dani Giménez, Mujaid, (BorjaGalán, min.81), Lampropoulos, Montero, Salva Ruíz, Álex Bergantiños, (Chrístian Santos, min.71), Peru Nolaskoain, Jovanovic (Borja Valle, min.59), Ager Aketxe, Víctor Mollejo e Koné.

Elche CF: Edgar Badía, Óscar, Verdú, Calvo, Juan Cruz, Josan, (Iván, min.53), Manuel, Villar, Fidel (Milla min.69), Nino, e Yacine, (Medina, min.38).

Goles: 0-1, min.13: Verdú. 1-1, min.26: Mollejo. 1-2, min.57: Fidel, de penalti. 1-3, min.87: Milla.

Árbitro: Díaz de Mera, (Colexio castelán-manchego). Amonestou a Bergantiños, Montero, Mollejo e Salva no Dépor, e a Manuel, Yacine, Juan Cruz e Iván no Elxe.

Incidencias : Partido correspondente a la xornada 15 de Segunda División do Fútbol Español dispuatado no Estadio de Riazor ante 11.690 espectadores. A asquerosa hora, a chuvia e as votacións, foron un “handicap” para os afeccionados, en especial os de lonxe da Coruña, que supoñen máis da metade dos socios. Asimesmo a penosa situación do equipo tamén retrae a moitos. Montero veu a 5ª cartulina amarela, polo que se perderá o vindeiro encontro en Almendralejo o sábado ás 16:00 horas. Tralo pitiudo final volveronse a oir os berros de “Diretiva dimisión” e “Carmelo vete ya”, antes a afección, en especial coma sempre os Riazor Blues, animaron constantemente.

 

-Foto portada : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.