

Crístian Santos marcou o gol deportivista.
Depor 1-2 Extremadura
-Naufraxio en Riazor-
Un modesto equipo que se levou a un adestrador do Deportivo, sacoulle a relucir as vergoñas a un Depor que non foi quen de impoñerse e suma a terceira derrota consecutiva. Se comezou Riazor un campo no que practicamente os equipos visitantes non tiraban a porta, agora converteuse nun campo no que calquera se pode levar puntos, e agora non 1 coma fai un mes, agora de 3 en 3. Naufraxio total dun Depor que buscaba ascender direto e agora terá que loitar por entrar na promoción que xa queda a 4 puntos. A única boa anova a volta de Fede Cartabia e esperemos qiue para a semana se poida contar xa co Carlos Fernández para os dous encontros seguidos fora ante Numancia primeiro e Zaragoza despois.
![]()
Dani Giménez, Bóveda (Fede Cartabia, min. 62), Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Pedro, Didier Moreno (Pedro Mosquera, min. 69), Vítor Silva (Christian Santos, min. 46), Edu Expósito, Borja Valle e Quique.
Goles : 0-1 Olabe (min. 23); 0-2 Pardo (min. 58); 1-2 Christian Santos (min. 89).
Árbitro: López Toca (c. cántabro). Cartón amarelo a Pablo Marí (min. 37), Vítor Silva (min. 39), Didier Moreno (min. 44), Olabe (min. 47), Casto (min. 52) e Gio Zarfino (min. 71).
Incidencias: Partido correspondente á 35ª xornada de LaLiga 1|2|3 no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 16.649 espectadores. No descanso, o CRAT recicibió a homenaxe do Deportivismo pola recente consecución do título de Liga Iberdrola Feminina.
José Luis Martí manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que cre “nestes futbolistas porque mo demostran día a día. Eles son os primeiros que queren conseguir os 3 puntos hoxe. Non foi posible. A partir de aí non queda outra que empezar a traballar, corrixir os erros que se cometeron para tentar mellorar e o venres seguinte estar preparados para volver competir”.
O técnico deportivista explica que “durante a semana ensináronme (os xogadores) o gran potencial que teñen. Para os afeccionados, para o Deportivo, o único potencial que debemos demostrar é o feito de gañar. Non queda outra. A partir de aí este partido dóenos, amólanos moito a todos. Pero hai que traballar o seguinte encontro, repoñer estas forzas, corrixir os erros, tentar buscar outras alternativas”.
Insiste en que “non imos baixar os brazos. Todo o contrario. Nestas situacións é cando o equipo ten que esixirse máis. Eu o primeiro. Ser capaz de convencerlles de que todo é posible, de que temos que chegar ao venres nas mellores condicións posibles para competir, para volver gañar, para engancharnos, para volver estar mirando onde todos os afeccionados queren”.
José Manuel Mosquera
“Desde o minuto 1 fomos superiores. Pechamos todo o bo que ten o Dépor. Fixemos que xogadores tan bos xogasen pouco, a contragusto. Iso é froito destes xogadores que teño, que son uns auténticos cracks. Merécense todos os eloxios”.
Dani Giménez
Dani Giménez, un dos capitáns, e o goleador esta tarde Christian Santos atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O meta deportivista, preguntado sobre o seu erro que supuxo o segundo tanto do Extremadura UD, apunta que “os porteiros vivimos con iso. Tes que dar exemplo ao resto do equipo de ser forte mentalmente e de que cando pasen estas cousas malas tirar para adiante. É o que me fixo chegar aquí”.
Cre que hai “moitas causas” que poden explicar a mala serie de resultados do equipo: “O rendemento individual non é bo. Eu tiven un erro dos que temos os porteiros de cando en vez. Agora é cando hai que demostrar o seguinte partido que non che afecta. O equipo está a ter resultados negativos, ás veces con xogo que é o que non esperamos, e pouquiño a pouco vainos minando. Isto non é así, cada partido é un partido distinto”.
Dani Giménez cre que a clasificación “é a que nos merecemos a día de hoxe”. No entanto, insiste en que “creo moito no equipo”; iso si, “sendo realistas, a pelexar polo playoff. E vai ser unha pelexa moi difícil”.
Cualifica o grupo de “moi bo”, pero “quizais demasiado homoxéneo en canto a dar ese paso adiante todos. Non é unha procura de líder, porque se demostrou que estar a tirar 2 ou 3 xogadores non fai que todo o equipo vaia detrás, pero si dun liderado individual de cada un, de que teño que facelo o mellor posible e tolerar o erro. Se dás un pase malo, ao seguinte hai que facelo bo”.
Crístian Santos
Recoñece que o Dépor “está nun momento difícil. Hai que manter a calma, estar xuntos, falar, dicir as cousas”.
O internacional venezolano pide “estar xuntos máis que nunca e tratar de sacar o partido do venres adiante”.
-As manifestacións son unha xentileza de rcdeportivo.com-
++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?… Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro. Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47. Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes. -Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-