A CRÓNICA : DEPOR 1-2 C. VIGO “B” : “NEFASTOS”

 

DEPOR 1-2 C. VIGO “B”

Os xogadores deportivistas conseguiron poñerlle a guinda a este nefasti 2020 caendo ante o filial do C. Vigo, nun choque no que ademáis de perder a invativilidade pérdese o liderato en pos do Unionistas. Se pola mañán víamos cortar as barbars o Pontevedra en Coruxo, pola tarde e sen remollar eran as nosas as que acababan cortadas.

O encontro tivo unha primeira metade cun ritmo moi alto, pero cando mellor estaba o Depor chegou o golazo de Alfón dende lonxe buscándolle a Carlos Abad o segundo pau. Reaccionou pronto o equipo deportivista e conseguía empatar nunha combibación de Celso Borges con Rolan que asistía a Borja Galán para poñer a igualada. Puido chegar o segundo deportivista por medio de Borges e Galán, pero foi na segunda chegada dos vigueses cando chegou o xarro de auga fría, un rexeite era collido por Alfón que de disparo parecido o do primeiro gol, poñía aos seus por diante. Puido empatar Borges antes do descanso pero o seu testarazo saeu lamenro o poste, tras un saque de curruncho botado por Nacho González, que foi a novidade no once inicial con respeto a Pasarón.

Na segunda metade o ritmo trocou, fíxose un encontro máis cansino, cos visitantes repregados e tentando sair o ataque. Unha estratexia que lles saeu ben. Soubero apagar os intentos deportivistas e levarse os 3 punros, sendo o primeiro equipo que derrota o Depor, que gaña en Riazor e que lle fai máis dun gol os deportivistas.

 

Depor : Carlos Abad, Bóveda (Valín, min. 74), Mujaid, Álex Bergantiños, Borja Granero, Salva Ruiz (Héctor Hernández, min. 74), Nacho González (Rui Costa, min. 64), Uche Agbo (Gandoy, min. 74), Borges, Borja Galán e Rolan (Beauvue, min. 86).

C. Vigo “B” : Sequeira, Ferrarés, Lucas, Carlos Domínguez, Pampín, Bruninho (Iker Losada, min. 83), Markel, Jordan Holsgrove, Alfon, Manu Justo e Josipović (Gabri Veiga, min. 76).

Goles: 0-1 Alfon (min. 24); 1-1 Borja Galán (min. 28); 1-2 Alfon (min. 39).

Árbitro: Román Román (c. castelán-leonés). Expulsou por dobre amarela ao técnico deportivista Fernando Vázquez (min. 53 e 88). Cartóns amarelos a Josipović (min. 57), Bóveda (min. 65), Markel (min. 88), Sequeira (min. 89) e Alfon (min. 90+1).

Incidencias: partido da 8ª xornada do Grupo I Subgrupo A da Segunda División B disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con capacidade limitada a 1.000 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies