A CRÓNICA : DEPOR 1-1 SESTAO : “SESTEO EN RIAZOR”.

 

Depor 1-1 Sestao

Pouco lle fixo falla ao Sestao para puntuar en Riazor, e poder levarse máis co punto que se levou. O equipo vasco estando repregado, con presión e saindo o contragolpe chegou para sonrroxar a uns deportivistas que sestearon sobre o céspede de Riazor, lentos nas transicións, sen chegadas claras a porta e sufrindo para sair da tímida pero efectiva presión vasca.

Idiakez fixo un só troco con respecto ao encontro de liga ante o Barcelona e foi a entrada de Barcia polo sancionado Pablo Martínez, que de seguro que se comeu as unllas na grada e daía máis dunha patada o aire vendo o que veu. Ata o gol dos vascos nada reseñbable, máis ca 3 balóns colgados de Lucas o área, que nin Villares, nen Dvo foron quen de finalizar con remate, agás un do de Samarugo o lateral da rede.

O tanto deles foi un desprppósito de fallos, pérdida de balón por desentendemento de Lucas e Villares en campo visitante, carreira de Guruzeta, sen que ninguén lle cortase o paso deixándolle unha autopista por banda esquerda, plántase ante Germán Parreño e abordo. Na xogada recibiron pitada Salva Sevilla e Balenziaga pola sua pasividade no tanto, pero pronto se rezarciron pois nunha xoganda por banda Paris Adoto sirve a Salva sevilla no pico do área, este centra e Balenziaga no segundo pau remata adentro. 

O encontro seguiu na mesma tónica ata o descanso e tras él, exactamente, un sestaou ben colocado e saindo a contra e un Depor que tiña o balón pero para nada, sen chegadas perigosas nen remates a porta. Desta volta non foi errar ocasións, foi non ser quen de crealas. Pola contra eles tiveron un par de contras boas para subir o 1-2 o marcador, en especial unha que parou ben Parreño mandando a saque de curruncho. 

Idiakez deu entrada a Hugio Rama, e Mella a hora de xogo, pero a cousa non trocou, e pouco despois a Kevin Sánchez, cun fornte de ataque do máis xove que se veu nos derradeiros anos en Riazor, pero as cousas non trocaron nada, intención pero sen crear perigo en absoluto, ante a boa defensa vasca. Puido chegar no desconto o 2-1, pero José Ángel con todo para marcar marcar nun balón que lle chegou solto nun saque de curruncho, pero dende o borde do área pequena mandou o balón as nubes.

Había a oportunidade de poñerse a 7 puntos do primeiro e o final quedamos a 9, esto fai que soen as campás de Hemingway, pero xa se sabe por quen soan.

Depor : Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Dani Barcia, Balenziaga (Cayarga, min. 85), Salva Sevilla (Hugo Rama, min. 59), Jose Ángel, Diego Villares (Kevin, min. 77), Davo (Mella, min. 59), Lucas (Pablo Valcarce, min. 85) e Yeremay.

Sestao River Club : Sergi, Markel, Camero, Gaizka Martínez, Álvaro Mateo, Guruzeta (Del Río, min. 77), Armando, Jon Cabo (Ibai Sanz, min. 90+1), Uriarte (Gete, min. 65), Aranzabe (Mirapeix, min. 90+1) e Leandro (Carbonell, min. 65).

Goles : 0-1 Aranzabe (min. 28); 1-1 Balenziaga (min. 35).

Árbitro : Jaime Ruiz Álvarez (c. asturiano). Non mostrou ningún cartón amarelo.

Incidencias : Partido correspondente á 16ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio Riazor ante 17.950 espectadores, a pesares do mal tempo reinante e a mala hora que fixo que máis de un ainda chegase co xantar na boca.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : RFEF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies