Depor 1-1 SD Logroñés
Gran encontro na prim eira metade do Depor, que xogou en sintonía e tivo en cáseque todo o tempo ao SD Logroñés no seu campo achicando auga. Avisou Quiles cun gran disparo, “marca da casa”, pero non entrou. Si entrou un gol de Miku, nunha xogada na que tocou o balón cáseque todo o equipo e que rematou cun centro dende a banda de Héctor Hernández e remate no primeiro pau do venezolano.
Co gol incrementouse o dominio deportivista e Quiles mandou un balón a cepa do pau e outro o longueiro, ademáis entremedias dunha crara ocasión de Soriano que faltou empuxala.
A segunda metade comezou igual, cunha gran ocasión de Miku e outra antre Juergen e o venezolano que curtou a zaga visitante cando xa se cantaba gol. A partires de aí o Depor foi desaparecendo coma un azucariño no café, ata acabar defendendo o resultado, e o equipo logroñés foi sacando peito e facéndose dono do balón. Un par de tiros as mans de Mackay foi a única bagaxe, pero de tanto ir o cántaro a fondo, no que se refire a balóns colgados o área, que da maneira que máis “fastidia”, na derradeira xogada, co tempo cumprido, chegaba o empate. Antes, no 90 puido facer o 2-0 Doncel, pero o seu disparo pasou lambendo a cepa do pau.
Depor: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime (Granero, min. 84), Héctor Hernández, Diego Villares, Álex Bergantiños, Juergen (De Vicente, min. 84) , Mario Soriano (Diego Aguirre, min. 67), Quiles (Doncel, min. 84) e Miku.
SD Logroñés: Lario, Paredes, Calderón, Pelayo Suárez (Miguel Ledo, min. 79), Xiker, Albisua (Esteban, min. 55), Cubero (Aizpun, min. 79), Sandoval, Soberón, Arnedo e Javier Pascual (El Haddadi, min. 73).
Goles: 1-0 Miku (min. 18); 1-1 Ledo (min. 90+4)
Árbitro: Pérez Hernández (c. Madrileño). Amoestou a Mario Soberón (min. 43), Arnedo (min. 58), Diego Aguirre (min. 79), Paredes (min. 90) e Rafa de Vicente (min. 90+1)
Incidencias: Partido da 6ª xornada do Grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Estadio de Riazor con afoto limitado ao 60% da capacidade debido á pandemia de COVID-19. O 5 Coruña Fútbol sala, recente campión galego feminino e equipo de Segunda Nacional, recibiu desde a bancada a homenaxe do Deportivismo polos seus recentes éxitos.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo