Depor 1-0 Rayo Majadahonda
Había expectativa en ver como o faría Sousa baixo paus en Riazor, tras encaixar dous goles en Alcorcón, e a verdade foi que o único que tivo que facer foi sacar de porta, pois o Depor foi moi superior ao equipo de Alfredo Santaelena, que debería sair de Riazor con varios goles no lombo.
A primeira media hora dos deportivistas foi extraordinadiria, e só lle faltou o gol. Non chegou no descanso, pero a insistencia e o xogo cas liñas moi avanzadas, afogando os madrileños, deu o se froito, e Lucas enganchaba unha no madio do área para batir o ex deportivista Lucho García.
Volveu Antoñito, e xogou por banda esquerda Narro, e o equipo foi outro, con desborde e centros o área. Tres puntos moi importantes que fan que de novo estemos a 4 puntos do lider, Alcorcón, que caía ante o CD Badajoz, por 2-0. Ademáis Castilla e Racing de Ferrol empataban, (0-0), e o Córdoba tamén empataba na sua visita ao Sanse, (0-0), o que nos deixa a 2 puntos dos madridistas e cordobeses.
Lesionado : Isi Gómez foi intervido con éxito dunha fractura no terceiro dedo da man dereita sufrida na xogada do gol do Dépor ante o CF Rayo Majadahonda.
Depor : Edu Sousa, Antoñito, Lapeña, Jaime, Pablo Martínez, Diego Villares, Olabe (Isi Gómez, min. 71; Álex Bergantiños, min. 81), Mario Soriano (Svensson, min. 90+2), Quiles (Kuki Zalazar, min. 90+2), Víctor Narro (Yeremay, min. 71) e Lucas.
CF Rayo Majadahonda: Lucho García, Aldalur, Ofoli Quaye, David Rodríguez (Zozulia, min. 69), Mario (Sergio Llamas, min. 46), Néstor Albiach, Javi Ros (De Iriondo, min. 80), Dani Pinillos, Josu Ozkoidi (Alayeto, min. 69), Rahim e Nando (Jeisson, min. 80).
Goles: 1-0 Lucas (min. 77)
Árbitro: Román Román (c. castelán-leonés). Amoestou aa Mario (min. 42), Olabe (min. 45), Villares (min. 50), Lucho García (min. 56), Lapeña (min. 57), Rahim (min. 75), Lucas (min. 79), Aldalur (min. 90), De Iriondo (min. 90), Kuki Zalazar (min. 90+4) e Svensson (min. 90+8)
Incidencias: Partido da 20ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio de Riazor ante 18.837 espectadores.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia