A CRÓNICA : DEPOR 1-1 OSASUNA B : “INSTALADOS NA DECEPCIÓN”.

Pablo Vázquez gozou dunha gran ocasión no reinicio.

 

Depor 1-1 Osasuna B

O Depor segue instalado na decepción, chega arriba. crea pero non marca ou non finaliza, namentras que aos rivais chégalle con unha para levarse o gato a auga, e no caso de onte con media, pois ademáis de ser a primeira vez que cruzaban máis alá do círculo central, Parreño encargouse de deixarlle o gol en bandexa nun goso erro.

Xogou a arreóns o equipo branquiazul e consigueu o empate antes do descanso e algunhas ocasións claras, en especial unha de Lucas de libre direto, outra de Hugo Rama dende a frontal, e un remate de Davo, ademáís dun claro penalti a Villares, ainda co 0-1 no marcador. Eles tamén pedirían un por unhas mans no área deportivista.

Todo apuntaba a que na segunda metade xogando contra General, e coas pintas do final da primeira metade, chegaría a remontada. O filial do Osasuna io seu, repregados e buscando algunha contra. Moi ordenadiños, tapando os intentos do Depor de xogar por dentro e basculando moi ben nos ataques por banda deportivista, que por veces pecaban de lentitude e moito pase atrás, e poucas veces colgando centros, ou facéndoo mal.

Si houbo ocasións para a remontada e mereceuse a vitoria, ata o adestrador visitante dixo esto en rolda de prensa posterior o encontro. Nada máis comezar Pablo Vázquez tivo unha gran ocasión nun testarazo a un saque de curruncho de Lucas, pero o meta visitante encontrouse o balón, máis ca paralo.  A entrada de Yeremay, cunha tremenda ovación, reactivou o ataque e José Ángel cun gran disparo que quitou un defensa en liña de gol trala parada do porteiro, tamén gozou da oportunidade do 2-1.

Yeremay protagonizou unha gran xogada marca da casa, con bicicleta, caño e centro a Lucas, que en lugar de tirar buscou o pase atrás o punto de penalti. Tivo outra parecida Yeremay que prefireu o pase antes co tiro a porta e foise o limbo, e a mellor foi cáseque antes do pitido final, centro de Lucas o segundo pau e Paris Adot remata para outra parada de Stamakis.

Nova decepción, e a 9 puntos do lider Real Sociedad B, e o peor e que os equipos veñen a Riazpor a divertirse, pois máis ca un fortín, como debería ser e impoñer medo, é para o disfrute dos equipos que saben que con pouco que fagan poden empatar, ou como mínimo chegar con “vida” ata o pitido final, ante a alarmante falta de gol deste equipo.

Depor : Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga, Salva Sevilla (Pablo Valcarce, min. 68), Jose Ángel, Diego Villares, Hugo Rama (Yeremay, min. 68), Davo (Martín Ochoa, min. 81) e Lucas.

CA Osasuna B: Stamatakis, Guillem Molina, Jorge Moreno, Ibaider Garriz, Adama, Jon García (Mauro, min. 69), David Rabadán (Cristian Mutilva, min. 81), Eneko, Svensson, Agirre (Buján, min. 76) e Ander Yoldi (Rubén Azcona, min. 81).

Goles: 0-1 Ander Yoldi (min. 22); 1-1 Diego Villares (min. 36).

Árbitro: Carlos Fernández Buergo (c. asturiano). Cartón amarelo a Balenziaga (min. 31), Salva Sevilla (min. 40), Adama (min. 53) e Mauro (min. 83).

Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 16.637 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : RFEF