A CRÓNICA : DEPOR 1-1 MIRANDÉS : “PENOSO”

 

DEPOR 1-1 MIRANDÉS

Non se pode tildar doutra maneira o encontro do Depor ante o CD Mirandéz, “Penoso”, ben e certo que se o VAR e o colexiado houbesen dado o penalti por claras mans no área aos 12 minutos de xogo, todo cambiaría, pero bastoulle o equpo visitante con poñer a defensa adiantada e presionar a saida do balón para destapar tódalas miserias do equipo deportivista. Fallón, nervoso, nulo en anticipación, concedendo numerosas faltas o borde do área, despistado no pase en curto e mandando o balón fora por falta de entendemento e tamén hai que decilo sen sorte.

O colexiado non axudou a nada e hai que mencionalo xa que foi o peor que pasou este ano por Riazor. Non hai que disculparse da derrota con él, pero curtou o xogo en numeorsas ocasións con faltas inexistentes, amosoulle un cartón por un choque antre dous a Mollejo e perdonoulle aos visitantes o cartón en numerosas faltas e namentras pitaba cada caíada como falta, obviou unha a Chrístian Santos no área.

Gran parte dos afeccionados arremeteron no descanso e no final do encontro contra a diretiva e Carmelo del Pozo con berros de “Carmelo vete ya” e “Directiva dimisión”, gañados a pulso pola mala imaxe do equipo, que non xoga a nada e que anda perdido polo campo.

Agora por diante nada menos ca Girona e Almería o xoves e o Domingo respectivamente, dous dos candidatos o ascenso e cos branquiazuis sen dar síntomas de ser un equipo que tente loitar por algo.

Depor : Dani Giménez, Bóveda, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Gaku Shibasaki (Peru Nolaskoain, min. 66), Mollejo, Aketxe, Borja Galán (Christian Santos, min. 46) e Borja Valle (Longo, min. 75).

CD Mirandés: Limones, Carlos Julio, Sergio González, Cristian González, Kijera, Álvaro Peña (Matheus Aias, min. 81), Malsa (Guridi, min. 90), Iñigo Vicente (Álvaro Rey, min. 60), Antonio Sánchez, Merquelanz e Marcos André.

Goles: 0-1 Marcos André (min. 49); 1-1 Mollejo (min. 54).

Árbitro: Ortiz Arias (c. madrileño). Cartón amarelo a Mollejo (min. 15), Javi Montero (min. 60) e Malsa (min. 90).

Incidencias: Partido da 8ª xornada de LaLiga SmartBank disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 13.409 espectadores. Homenaxeouse ao nadador Jacobo, Campión do mundo absoluto de 400 metros libres,

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es