A CRÓNICA : DEPOR 1-1 CASTILLA : “OCASIÓN PERDIDA”.

 

 

 

Depor 1-1 Castilla

Parecía que se ía a comer con patacas o equipo deportivista ao madrileño no arranque de encontro, pero todo foi un espellismo. A primeira media hora foi totalmente deportivista e con moitas chegadas e ocasións. Lucas, e Mario Soriano tiveron as primeiras, pero topáronse co porteiro madridista. Nun saque de curruncho botado por Lucas, Pepe Sánchez estreabase como goleador deportivista.

Puido empatar o equipo madrileño tras unha xogada desafortunada na que chocan Pablo Martínez e Olabe o tentar despexar un balón, e este quédalle franco a Peter que encara porta e Mackay, moi habil rebáñalle o balón no man a man a altura do punto de penalti. Chegaría o gol do empate tras varios rexeites a saida dun saque de curruncho, cando xa o Castilla se quitara o dominio deportivista de enriba. Ainda tiveron unha moi clara antes do descanso. Foi de Álvaro, que tras non xogar co primeiro equipo madrileño viaxou a Coruña.

Na segunda metade estivo mellor o equipo visitante e gozou de duas claras ocasión. A primeira unha de Álvaro que Olabe despexa sobre a liña de gol, e a segunda unha de Arribas que Mackay saca por baixo ca perna. por parte deportivista a única da segunda metade foi un remate de Pablo Martínez na área pequena.

Os trocos de Cano non fixeron máis ca descontrolar máis o equipo. Novo desprezo a Trilli sacando a Antoñito e pasando a banda a Villares, perxudicando o medio do campo, que precisou da entrada de Bergantiños para refacer o desfeito.

Fin a 5 vitorias consecutivas en Riazor e a 490 minuto sen ver un gol en contra. Deixase escapar unha ocasión inmellorable, xa que o Alcorcón caía por 0-1 ante o Ferrol. Lévase o golaveraxe particular o Castilla e aprétase a zona alta. Paso atrás en toda regra, xa que unha vez máis non se gaña a un rival direto.

Depor : Mackay, Antoñito (Lapeña, min. 64), Pepe Sánchez (Jaime, min. 87), Pablo Martínez, Lebedenko, Rubén Díez, Olabe (Álex Bergantiños, min. 87), Diego Villares, Saverio (Yeremay, min. 64), Lucas e Mario Soriano (Svensson, min. 79).

Real Madrid Castilla: Mario de Luis, Tobías, Carrillo, Rafa Marín, Marvel, Obrador, Álvaro Martín, Mario Martín, Peter, Arribas e Álvaro.

Goles: 1-0 Pepe Sánchez (min. 20); 1-1 Marvel (min. 40)

Árbitro: Palencia Caballero (c. vasco). Cartón amarelo a Álvaro (min. 32), Tobías (min. 38), ao adestrador visitante Raúl González (min. 75), Rubén Díez (min. 84), e Pablo Martínez (min. 90+2).

Incidencias: Partido da 27ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 26.745 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : RFEF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies