En pouco tempo José Luis Martí fixo un equipo recoñecible e faltaba saber a mellora en Riazor. O resultado foi o mesmo. Non se gañou, pero futbolisticamente foi o mellor encontro dos nosos que vimos neste 2019 en Riazor. O equipo foi atrevido, vertical, dominou ao adversario e púxose por diante, cun gol de Quique, que ben puideron ir a vestiarios cunha maior renda. Na segunda metade co resultado por debaixo os cadistas tiveron máis o balón, pero practicamente non inquietaron a meta deportivista, salvo con algún balón lonxano, un deles Dani Giménez desviou lateralmente cunha estirada. Como acostuma a pasar, vanche a a proveitar a que teñen e así foi. David Querol no 78 marcaba un golazo. Tocou arrebato e o Depor buscou a vitoria. Houbo ocasións para acadala, pero o gol non chegaría. Con este empate a loita xa se simplifica a entrar en promoción. Para semana encontro complicado en Lugo a onde assitiremos máis de 1.500 deportivistas. O clube lucense non porá entradas a venda no “Ánxo Carro”, so para socios o ser día do clube..
Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Fede Cartabia (Borja Valle, min. 76), Álex Bergantiños, Edu Expósito, Nahuel (Pedro, min. 59), Carlos Fernández e Quique..
Goles : Quique, (43´); 1-1, Davod Querol, (78´).
Árbitro: Soto Grado, (Colexio Rioxano). Estivo corecto. Tiña que haber aumentado máis tempo no desconto plas continuas perdas de tempo no segundo tempo.
Incidencias: Partido correspondente a 38ª xornada da 2ª División Española de Fútbol disputado en “La Romareda” ante 18.524 espectadores. Fora tivo lugar un gran festón orgañizado pola Federación de Peñas, unha vez máis extraordinaria, con pulpeira e churrasco e uns DJ´S. Unha festa da que tamén puideron disfrutar os afeccionados cadistas e na que estiveron e foron vitoriadas no placo, as rapazas do equipo feminino que viñan de gañar en Abegondo o Femiargín e está a un encontro de subir a Liga Iberdrola.
José Luis Martí márchase de ABANCA-RIAZOR con bo sabor de boca a pesar do empate: “Soubemos sufrir en momentos puntuais, tivemos ocasións para facer o segundo. Non o fixemos. Após encaixar o 1-1 e aínda así ter 3 ocasións posteriores indícame que é un equipo ambicioso, que quere ir a polos 3 puntos e non renuncia a nada”.
O técnico deportivista asegura que “se fixeron moitísimas cousas ben hoxe. O equipo só concedeu 3 ocasións en contragolpe ao rival. E as ocasións que xeramos, que xeramos bastantes”.
Iso si, conclúe que “estamos nese momento agridoce. Fixemos un bo traballo pero o resultado non é o que buscabamos”.
QUIQUE GONZÁLEZ
O dianteiro valisoletano, goleador esta tarde, subliñou que “é verdade que as sensacións son boas. Outro partido máis en ABANCA-RIAZOR que o seu porteiro volve facer un gran partido. O que nos vale é sumar de 3 en 3. Está moi ben que as sensacións sexan boas pero a condición de que gañemos”.
Quique insiste en que agora toca “levantarse, traballar ben toda a semana e logo a Lugo a deixarse a vida para gañar”.
CARLOS FERNÁNDEZ
Pola súa banda, Carlos Fernández, que gozou dun par de claras ocasións para marcar, quixo agradecer publicamente ao apoio da bancada, “e dicirlles que o demos todo. A xente no vestiario estaba morta porque o puxo todo no campo. Darlle as grazas porque unha vez máis estiveron á altura da gran afección que son. Ímolos a necesitar de aquí ao final de temporada”.
O futbolista andaluz márchase con “mal sabor de boca polo resultado se pos na balanza o cómputo xeral de ocasións” das que gozou o Deportivo ante a meta defendida por Cifuentes.
-As manifestacións son unha xentileza de rcdeportivo.com-
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-