A CRÓNICA : DEPOR 1-1 BILBAO ATLHETIC : “A FALLA DE DEFINICIÓN E UN ARBITRAXE ASQUEROSA FAN QUE VOEN 2 PUNTOS DE RIAZOR”.

Willian de Camargo revolucionou a banda esquerda.

 

Depor 1-1 Bilbao Atlhetic

Non estivo fino de cara a gol o Depor nunha tarde máis para quedar na casa que para ir o fútbol, pero a pesares da copiosa chuvia, 11.093 deportivistas animaron o equipo ata despois do pitido final.

O filial bilbaino pechouse no seu campo e aí estivo todo encontro, saindo só para que a chuvia se sumase un xarro de auga fría en forma de gol, no que era o seu único tiro a porta ata o minuto 58, no que Artola aproveitaba unha contra por banda dereita para batir a un Ian Mackay, que sufría polas inclemencias do tempo e non tivera novas de que fronte tiña a un equipo xogando contra eles. Tiveron outra ocasión, pero desta volta o meta coruñés desviou o tiro.

Tralo gol vasco tocou arrebato e o equipo foise arriba sen miramentos e con maior verticalidade ca da primeira metade, Noel e Willian de Camargo que entraron por Quiles o primeiro e por Menudo, que foi titular, o segundo, tiveron duas boas ocasións paar empatar, o empate chegaría tras un centro de Héctor ao segundo pau que devolveu cara á área pequena Víctor García. No seu intento de despexe, Paredes atopouse coas pernas de Antxón Jaso, onde rebotou o balón antes de introducirse na portería branquivermella.

Maior foi a presión deportivista, que monopolizou a posición do coiro todo o encontro, pero o gol non chegou.

O show do árbitro Román Román

Decíame o veciño de localidade se este árbitro do colexio Csastelán-Leonés, sería un resentido do Centenariazo, pois birloulle 2 penaltis ao Depor, un flagrante a Álex Bergantiños, na primeira metade cun derribo cun grosero empuxón diante dos seus fuciños. Na segunda outro, (este máis “light”), a De Camargo e no treito final, outro ao propio De Camargo, cun derribo clarísimo que non quixo ver. Fixo retroceder o balón para sacar foras de banda, de xogo e faltas, iuncluso xogando o balón cara o porteiro. Permiteu numerosas faltas a De Camargo, polas que non ensinou cartóns e o final só descontou máis ca 3 minutos, coa cantidade de paróns que houbo, por trocos e polas numerosas faltas. Destetable arbitraxe que de ser legal Román Román, o resultado do encontro podería ter sido outro.

Depor: Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Álex Bergantiños (Doncel, min. 61), Diego Villares, Juergen Elitim, Quiles (Noel, min. 61), Miku e Menudo (William, min. 54).

Bilbao Athletic: Agirrezabala, Álvaro Núñez (Ewan, min. 84), Paredes, Antxón Jaso, Kortazar, Prados, Youssouf Diarra, Artola (Adu Malcolm, min. 70), Víctor San Bartolomé (Unai Naveira, min. 70), Luis Bilbao (Guruzeta, min. 26) e Nico Serrano (Lorente, min. 84).

Goles: 0-1 Artola (min. 58); 1-1 Antxón Jaso, en propia meta (min. 65).

Árbitro: Román Román (c. castelán-leonés). Moi mal. Amosoulle cartón amarelo a Víctor San Bartolomé (min. 45), Paredes (min. 46), Álvaro Núñez (min. 81) e Guruzeta (min. 90).

Incidencias: partido da 14ª xornada do Grupo 1 de Primeira RFEF disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 11.093 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Vídeo : Footters

-Texto : piratasdemuxia