A CRÓNICA : DEPOR 1-0 ZAMORA CF : “TRUNFO CON SUFRIMENTO INNECESARIO”

 

Depor 1-0 Zamora CF

Plan claro dende os primeiros minutos do equipo zamorano, liña de 5 atrás, con 4 por diante e un punta, buscando defender no seu campo roubar e sair o contrataque con rapidez, o que conseguiron nun par de veces pero sen rematr antre os 3 paus.

Así foi o guión, e o Depor a pesares de ter o dominio do balón non daba chegado a rematar a porta. Foi xa cara o ecuador detea primeira metade cando nun roubo en medio campo Doncel, (titular hoxe en detrimento de Camargo), disparaba forte dende o lateral da porta de “General” e paraba o meta visitante. Pouco despois era na banda contraria onde un centro-chut de Víctor García se estrelaba no pau contrario. Eran os mellores mintuos do Depor, que pouco a pouco foise despegando do sistema pegañento dos zamoranos e chegando con claridade. Quiles tivo unha ocasión inmellorable dende dentro do área a centro de Doncel, que chagaba a liña de fondo e daba un pase atrás, pero con todo para marcar, mandaba o balón alto, nun precipitado disparo, sen oposición.

Xa na segunada metade, o guión foi o mesmo, o Zamora no seu campo e buscando algunha contra e o Depor amasando as xogadas. Entrou no descanso William de Camargo por Quiles. Comezou forte o equipo deportivista e pronto se puido poñer por diante con chegadas e centros perigosos por ambas bandas. Lapeña e Héctor Hernández foron derribados no área, sen que o colexiado vise nada puñible.

De Camargo cas suas cabriolas desquiciou dende a sua entrada a zaga zamorana, Víctor García mandaba un balón o lateral da rede pegado o poste, asimesmo Doncel gozaba dunha ocasión inmellorable para marcar. Noel e Menudo entraban por Álex Bergantiños e Doncel e acrecentábanse as chegadas deportivistas.

Nun vo pase en vaselina a Noe, en banda, por enriba da zaga visitante, este amagaba, mandaba o balón atrás o puntio de penalti, onde se atopaba de Camargo e este colocaba o balón lonxe do alcance do meta zamorano, resarcíndose do se erro a semana pasada ante o Santander en boca de gol.

Puido matar definitivamente o encontro o equipo branquiazul no 85´, pero Menudo nunha posición inmellorable a pase de Camargo, topábase cos puños de Villanueva, que mantiña os visitantes con opcións. Os de Zamora buscaron o gol con fútbol direto pero desta volta o depor non se descompuxo e se pechou atrás como pasou ante o Logroñés.

Trunfo con sufrimento innecesario nun choque que tiña que ter sido pechado moito antes do final, ante un Zamora ultraconservador que se pechou atrás con liñas moi xustas e buscando primeiro a contra e despois o fútbol direto.

Depor : Mackay, Víctor García, Jaime Sánchez, Lapeña, Héctor Hernández, Álex Bergantiños, (Menudo), Diego Villares, Juerguen Elitim, Doncel, (Noel), Quiles, (William de Camargo), e Miku, (Calavera).

Gol : 1-0, William de Camargo, (73´).

Incidencias : Encontro da 10ª xornada da 1ª RFEF xogado no Estadio de Riazor con 14.506 afeccionados.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto piratasdemuxia