Miku marcou o gol da vitoria e errou un penalti.
Depor 1-0 Talavera CF
Comezou o equipo castelán presionando arriba e un esbarón de Héctor Hernández puido costar caro. Non se atopaba cómodo o equipo deportivista ata que Quiles cun disparo dende o pico do área da banda de Tribuna probou por primeira vez as lubas do meta visitante Miño. A partires de aí foise facendo dono do coiro e das ocasións o equipo branquiazul. Mario Soriano, e Trilli, (a sorpresa do once inicial), puideron adiantar os deportivistas.
O gol que se veu nos primeiros 45 minutos chegou tras unha granxogada na parte esquerda deportivista, condución, desborde, De Camargo pásalla a Miku cuberto por tres defensas, xírase a esquerda de espaldas a porta e saca un disparo seco e axustado o pau.
O gol en troques de acrecentar o domino dos branquiazuis, foi o contrario e foron os visitantes os que se foron facendo donos da pelota e nun desaxuste defensivo puideron acadar o empate.
Xa na segunda metade o Talavera foi crecendo e arrimando xente ofensiva. Botja Jiménez deulle máis poder o medio do campo ca entrada de Álex Bergantiños por William de Camargo, este antes, tivo unha ocasión inmellorable para pechar o encontro, pero con todo para marcar disparou foxo e as mans do meta visitante.
Os casteláns seguiron acosando e chegando e acumulando ocasións e perigo, namentras que o Depor esquecía, coas modificacións, de xogo por bandas. Trilli, o mellor do encontro, dispuxo dunha boa ocasión, así como Noel, que entaba por Quiles, pero a incerteza seguía campando en Riazor. No minuto 90 unha incursión de Trilli por manda meténdose no área, era derribado o querer chutar a gol. Penalti, o primeiro que nos pitan despois de moitos que se foron o limbo. Miku disparaba polo centro e Miño sacaba co pé. Tralo penalti xa non se xogou nada e quedaron na casa 3 puntos máis sufridos do que se esperaba.
Depor : Mackaay, Trilli, Héctor Hernández, Villares, Juerguen, De Camargo, (Bergantiños), Soriano, Quiles, (Noel), e Miku.
Goles : 1-0, Miku, (24´).
Incidencias : Gardouse un minuto de silencio por César Cobían, que fora durante 16 anos o médico do RC Deportivo, así coma por Lisardo, 53 anos de empregado do clube e José Luis Aristín, duas décadas fisio do clube. A pesares da hora, do día desapacible e do medo os contaxios por COVID-19, un total de 10.271 deportivistas acudiron a Riazor.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia