A CRÓNICA : DEPOR 1-0 SANSE : “DOMINANDO DE PRINCIPIO A FIN”.

 

Depor 1-0 Sanse

Desta vez non houbo susto de última hora, o Depor fixo unha gran primeira metade, un monólogo de cabo a rabo, e na segunda soubo controlar o encontro sen permitir nin unha soa ocasión visitante, e todo isto con balón. A mellor ocasión dos madrileños en todo o encontro foi un esbarón de Mackay.

O equipo deportivista, no que estreou titularidade Noel, en detrimento de Quiles, saltou ó césoede de Riazor cun claro 4-4-2, pero a hora de atacar convertíase nun 4-3-3, cos interiuores, Juergen e William de Camargo entrando polas bandas como puñais. Gran circulación tamén dos laterais Héctor Hernández e Victor García. Tal foi a insistencia por banda na primeira metade que conseguiron nos seus centros e pugnas que cortaba o rival, 9 saques de curruncho, e nun deles chegaba o gol, que a prol daría os 3 puntos. Juergen saca dende o bandeirín e Miku salta sobre todos e manda o balón ao fondo das mallas da meta de “General”.

A segunda metade foi dominada polos branquiazuis pero sen crear demasiado perigo, se cabe as máis claras estiveron nas botas de Quiles, (especialmente un man a man co meta visitante, a deixada de Miku), que entrou no 67 por un Noel que non disparou a porta, pero axudou complicando con presión alta a saida de balón dos rivais.

Un total de 14.744 afeccionados déronse cita nun Riazor que non parou de animar en todo o encontro, baixo a batuta e a dirección musival dos Riazor Blues.

Depor : Mackay, Víctor García, Lapeña, Jaime, Héctor Hernández, Diego Villares, Álex Bergantiños (Rafa de Vicente, min. 81), Juergen Elitim, Noel (Quiles, min. 67), Miku e William (Menudo, min. 81).

UD San Sebastián de los Reyes: Miguel Bañuz, Barreda (Javi Rueda, min. 79), Fomeyem, Llerena, Iván Pérez, Raúl (Fer Ruiz, min. 46), Dani Molina, Fer Llorente (Jime, min. 67), Borja Martínez, Borja Sánchez (Carlitos, min. 79) e Arturo (Jauregi, min. 67).

Gol: 1-0 Miku (min. 36).

Árbitro: Fernández Buergo (c. asturiano). Cartón amarelo a Barreda (min. 74) e Javi Rueda (min. 87).

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia