Quiles recupera o sorriso co segundo gol do curso.
Depor 1-0 Sanse
Máis ca 3 puntos foron os que sumou o Depor neste encontro. Consigueu deixar a porta a cero, derrotar a un dos fortes da clasificación, que derrotou a domicilio a equipos coma o Córdoba, e consigueu que Riazor se fose contento co visto, sen moitos alardes, pero ca ledicia do trunfo, e de ver a un recuperado Quiles.
Foi de menos a máis o equipo de Óscar Cano, que repiteu equipo, ca excepción de introducir a Isi Gómez, ao que se lle notou de inicio a falta de minutos, pero que foi collendo o tono.
Saeu respondón nos primeiros minutos o equipo madrileño, e chegou con perigo, e en especial de saque de cururuncho, pero tralos nervos iniciais, o Depor foise facendo dono do balón e chegando a zonas de perigo. Gozou de un par de boas ocasións, nunha delas o central Charlie sacaba un envío de Antoñito baixo paus, e o rexeite era rematado con dificultade por Quiles as mans do porteiro, e noutra, Pablo Martínez, erraba por pouco nun saque de curruncho botado por Rubén Díez. Tamén eles tiveron no primeiro periodo a sua mellor ocasín. Un disparo cruzado de Arturo, tras un contragolpe, que Mackay desviou a corner coa punteira dos dedos, nunha magnífica intervención, e no saue de cururuncho rematan lambendo a madeira, moi similar a ocasión do deportivista Martínez. Antes do descanso, unha xogada antre Soriano, Quiles e Antoñito, non acabou en gol de miragre.
A segunda metade xa tivo só unha cor, a deportivista. Moitas chegadas, pero tamén moitos erros no remate, ou nos centros, ata que apareceu o Quiles do ano pasado. Marcouse un slalom de 50 metros por banda dereita, chegou o pico do área, e disparou co interior da seu pé esquerdo pegado ao pau contrario, lonxe do alcance do gardameta madrileño.
Soubo xogar moi ben o equipo tralo gol, con posesións longas, amasando as xogadas, e controlando o rival, que só deu sensación de perigo nun par de saques de curruncho, e en outros saques de banda longos o área. Máis polo curto do resultadpo, que por outra cousa.
Non soubo matar o equipo o equipo barnquiazul e iso que dispuxo de duas magníficas ocasión. Nunha delas a Soriano fíxoselle de noite, nun man a man co meta visitante, e na outra, Carnero sacou astillas do poste esquerdo defendido polo meta madrileño.
Depor: Mackay, Antoñito, Jaime, Martínez, Raúl Carnero, Isi Gómez (Olabe, min. 57), Diego Villares, Rubén Díez, Quiles (Kuki Zalazar, min. 88), Svensson (Santamaría, min. 57) e Mario Soriano.
UD San Sebastián de los Reyes: Pedro López, Rafa Navarro, Juanra, Charlie (Fomeyem, min. 83), Sergio Nieto (Ródenas, min. 83), Javi Gómez (Pedro Benito, min. 57), Mecerreyes (Jorge Jiménez, min. 70), Rafa de Vicente, Borja Martínez (Raúl Hernández, min. 70), Coulibaly e Arturo.
Gol: 1-0 Quiles (min. 61).
Árbitro: Pérez Peraza (Colexio Tinerfeño). Cartón amarelo a Mecerreyes (min. 23), Svensson (min. 35), Rafa Navarro (min. 89), Santamaría (min. 90+4) e Arturo (min. 90+5).
Incidencias: partido da 10ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 15.764 espectadores.
-Foto : RC Deportivo
-Vídeo : RFEF
-Texto : piratasdemuxia