A CRÓNICA : DEPOR 1-0 PONTEVEDRA CF : “TRUNFO TAN AGÓNICO COMA IMPORTANTE E BRILANTE”.

Keko marcou un golazo.

 

Depor 1-0 Pontevedra CF

Sorprendeu a todos Rubén de la Barrera cos trocos e o plantexamento do encontro, dando entrada a Derik por Mujaid, Álex Bergantiños por Uche, Keko Gontán por Lara, Borja Galán por Borges e Miku por Rayco, con repecto o encontro da xornada anterior no Ferrol. Ademáis co “comodín” de Bergantiños o sistema de 1-4-3-3 para atacar, convertíase nun 1-5-2-3, cando o da Sagrada Familia se incrustaba na zaga, telaraña que non foi capáz de superar o equipo de Luisito.

Non tardou en xerar a primeira ocasión de perigo o equipo branquiazul, e incomprensiblemente Borja Galán desperdiciaba en boca de gol, un centro medido de Héctor Hernández, que o canteirán madrileño mandaba fora de cabeza, con todo para marcar. Pero pouco tardou en chegar a ledicia aos 500 afeccionados deportivistas que estaban en Riazor e aos que estaban diante da televisión ou a radio. Keko Gontán gañaba o borde do área e de disparo perfecto con rosca, batía por toda a escadra a meta defendida por Álvaro Cortés, cando corría o minuto 5 de xogo.

Co gol chegou a tranquilidade para afrontar o choque, e ainda que non se dispuxo de máis ocasións para matar o encontro, tampouco se sufreu ningunha por parte dos granates, ante o traballo defensivo que comezaba no tridente atacante deportivista, e morría a maioría das veces nas bota dun “inmenso” Álex Bergantiños, con Diego Villares o seu carón.

Todo apuntaba a que os pontevedreses ían a sair en tromba na segunda metade, e máis coñecendo a Luisito, pero desta volta De la Barrera gañoulle a partida, e nunca foi o equipo granate capáz de superar o sistema plantado polo técnico coruñés, que fixo que nunca houbera conexión antre a medular visitante e os seus puntas.

Da única maneira que o equipo visitante facía dano, e poñía a tensión a fror de pel era a balón parado, e así chegarían as suas mellores ocasións, no derradeiro suspiro do encontro, pero topáronse cun Lucho García “inmenso”. O meta colombíano sacou unha “man salvadora” extraordinaria a ras de herba, pegado o pau, a un remate de testa de Adrián Cruz, que tería de novo nun saque de curruncho outro remate, que atrapou moi segura o meta deportivista.

Lucho ao igual co equipo, cuaxou un extraordinario encontro, para levarse un agónico trunfo, polo curto do resultado, pero cunha posta en escea perfecta no eido defensivo.

Derik Osede lesionado

A mala nova do encontro chegou no minuto 54 de encontro, cando Derik Osede tiña que sair do terreo de xogo lesionado. Máis tarde confirmábase a sua lesión, rotura do Talón de Aquiles, o que fai que sexa baixa para o que queda de tempada. Unha lesión que xa sufreu no Depor, Donato e que ten unha recuperación mínima de antre 4 e 6 meses.

 

Depor : Lucho García, Bóveda, Derik (Mujaid, min. 55), Borja Granero, Héctor Hernández, Villares, Álex Bergantiños, Raí (Uche Agbo, min. 88), Keko (Lara, min. 72), Miku (Rayco, min. 72) e Borja Galán (Claudio Beauvue, min. 88).

Pontevedra CF : Álvaro Cortés, Aitor Núñez (Damià Sabater, min. 48), Churre, Xisco Campos, Zabaleta (Adrián Cruz, min. 48), Jorge Fernández (Martín Diz, min. 48), Imanol García, Oier Calvillo (Óscar Fernández, min. 74), Álex González, Rufo e Charles.

Gol : 1-0, Keko, (min. 5).

Árbitro : Collado López (c. castelán-manchego). Cartóns amarelos a Borja Granero (min. 33), Oier Calvillo (min. 45), Álex González (min. 45+1) e Adrián Cruz (min. 59).

Incidencias : partido da 16ª xornada do Grupo 1 Subgrupo A de Segunda División B disputado no Estadio de Riazor con asistencia limitada a 500 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

MANIFESTACIÓNS

 

RUBÉN DE LA BARRERA

O adestrador deportividta subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “tivemos unha entrada ao partido moi, moi boa. Após ese gol o partido vai cara ao que o Pontevedra CF pretende: buscar unha e outra vez aos seus xogadores máis adiantados, incidindo no seu xogo a Rufo e Charles. E iso era algo que tiñamos que evitar, que xogasen lonxe da nosa área e a partir de aí que todas as posibilidades que tivesen non nos xerasen desequilibrios por fóra. Creo que se controlou ben o partido fóra dese minuto 89 con ese córner e ese segundo balón xerado de rexeite. Eles puideron acabar xogada. Victoria fundamental e resaltar o traballo de todos”.

O técnico deportivista insiste en que o triunfo é “fundamental, moi importante. ¿Cara a onde miramos? Cara ao próximo partido alí contra o Celta B. Imos ir a gañar porque o temos que gañar. Quedan seis puntos en xogo e temos que tentar sumar a maior cantidade de puntos posibles. E como o seguinte é o domingo e en Vigo, a por iso imos”.

Apunta que “o efecto da vitoria de hoxe tennos que empuxar definitivamente porque nos vimos de varias formas estas semanas. Agora mesmo atópasche con que todo o mundo ten algo que perder. Equipos cos que a priori un pensaba que podían optar a estar arriba pois vanche facendo graza. Pero chega nun momento no que aínda que iso ao principio non o contemplabas, aparecen os medos a perder todo o gañado. E iso a nós tennos que axudar, tennos que impulsar. Cando a xente está enchufada, está metida, cando se compromete e vai de verdade, seremos un equipo moi complicado de bater adecuándonos ás circunstancias actuais”.

LUISITO

Luisito, adestrador do Pontevedra CF, admite que nos primeiros minutos “non atopo explicación para saír tan despistados. Falamos que eles facían saque de banda, e márcannos un gol aos tres minutos nun saque de banda. Foi a única ocasión que tiveron que para min non é ocasión, é un tiro desde fóra da área que Keko meteu un gol impresionante. A partir de aí o equipo estivo moito mellor sen ter grandes ocasións de gol. Pero o Deportivo esperaba e contragolpeaba. En 90 minutos non nos fixo nin un ‘uy’. O noso porteiro non fixo unha parada”.

Na segunda parte lamentouse da ocasión de Adrián, na que Lucho “estivo espectacular. Fixo unha parada de partido”.

 

 

 

KEKO GONTÁN

Keko Gontán, autor dun golazo que valeu os tres puntos en xogo ante o Pontevedra CF, pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Mostrouse “contento pola vitoria do equipo. Tiven a sorte de facer o gol pero quero destacar o rendemento de todos os xogadores. Todos estiveron a un gran nivel, Lucho salvounos nas últimas accións… Moi contento por todos e sobre todo pola vitoria”.

Confesou sentir no momento de marcar ese golazo desde fóra da área “felicidade, alegría, éxtase. Esa é a sensación que vive un”. Explica que aínda que a fixo en poucas ocasións, “confío bastante nese disparo meu coa zurda. Toda a semana nos adestramentos metíame cara a dentro e pegáballe aí. Saíranme varios. Iso vaise sentindo. Xusto quedou aí a pelota e sen pensar… Son milésimas. Sae o balón, tiven a sorte de que entrou e a gozalo”.

Describe unha imaxe do vestiario branquiazul de ABANCA-RIAZOR de “alivio, de descanso, de alegría… Levamos bastante presión encima. O partido era para nós vital do mesmo xeito que todos estes pasados nos que non conseguimos a vitoria. Conseguir o triunfo hoxe era dar un pasiño máis pero aparte alivio e poder descansar desta presión, desta mochila que levamos acumulada”.

Finalmente indica que “todos os xogadores que apostamos por este proxecto, todo o corpo técnico, as persoas de ABANCA… todos estamos a sufrir porque nos imaxinamos unha situación bastante diferente chegado a este punto da temporada. Cando ves que non se están cumprindo os obxectivos un sofre, pásano mal nosas familias, pasámolo mal todos. Todos fixemos unha gran aposta, ABANCA, o corpo técnico, xogadores quedándonos en Segunda B… Estamos todos no mesmo barco. Que ninguén se pense que nós non sufrimos porque este é o noso traballo, esta é a nosa paixón, é polo que vivimos, o que levamos facendo desde pequenos. As cousas non nos están saíndo ben, entoamos o mea culpa pero sufrir sófrese moito, pásase mal, noites sen durmir, chegas a casa desgustado”.

 

VÍDEO RESUMO

.

-Fotos : Manu Boutureira

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeos e Roldas de prensa : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies