“Imposible entender a nosa loucura”, tifo dos Riazor Blues.
Depor 1-0 Nástic
Costoulle media hora o Depor sacarse de enriba a un Nastic que coa presión alta facía que os deportivistas perdesen balóns e que pasasen máis tempo en campo propio que no do rival. Un remate nun rexeite de corner e un tiro lonxano que case sorprende a un adiantado Mackay foi a bagaxe dos visitantes. Foilles anulado un gol por craro derribo a Pablo Martínez, o colexiado xa pitou antes de entrar o gol. A primeira deportivista chegou a media hora de xogo cun pase de Lucas a Villares que este mandou lambendo o poste e posteriormente outra asistencia de Lucas, neste caso a Hugo rama, pero o disparo deste despedido polo meta paseouse pola portería sen entrar.
A segunda metade foi outra cousa, deu a impresión de que os xogadores beberon Nitro no descanso pois sairon coma bólidos a polo rival, e foron sucedéndose as ocasións claras de gol. Comezou cun paradón de Varo a Lucas, logo tivo outra crara José Ángel, e pouco despois Ochoa erraba dende o área pequena un remate de testa a centro preciso de Paris Adot, que foi do mellor do encontro. Antes do gol de Pablo Martínez, o seu primeiro coma deportivista, tras rondalo en numerosas ocasións, Lucas tivo outra nun mana a man co meta que este parou, e Hugo Rama mandou un disparo lambendo o longueiro.
Non cesou o acoso a meta visitante tralo gol con varias ocasións de perigo, pero volveu a faltar eficacia rematadora para matar o encontro, como xa pasou noutras ocasións. Os visitantes en toda a segunda metade tiveron unha contra que desbaratou ben Paris Adot. A expulsión de David Concha que veu dous cartóns en 7 minutos facilitou o final do encontro o Depor.
Depor: Mackay, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Retu (Balenziaga, min. 88), Salva Sevilla, Jose Ángel, Diego Villares, Hugo Rama (Mella, min. 83), Martín Ochoa (Pablo Valcarce, min. 71) e Lucas.
Gimnàstic de Tarragona: Varo, Pol Domingo (Pochettino, min. 84), Nacho, Pablo Trigueros, Joan Oriol, Andy (Mario Rodríguez, min. 74), Borja Martínez, Montalvo (Gorostidi, min. 46), Jaume Jardí (David Concha, min. 59), Pablo Fernández e Marc Fernández (Santamaría, min. 59).
Gol: 1-0 Pablo Martínez (min. 71).
Árbitro: Eder Mallo Fernández (c. vasco). Expulsou a David Concha (min. 87) por dobre amarela. Cartón amarelo a Borja Martínez (min. 35), Montalvo (min. 41), Joan Oriol (min. 62), David Concha (min. 80) e Pablo Fernández (min. 90+2).
Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 20.063 espectadores. Os Riazor Blues despregaron un tifo e amosaron o apoio a Palestina con bandeiras do asediadi pais polas tropas israelís.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Bea Ramón Iglasias
-Vídeo : RFEF