A CRÓNICA : DEPOR 1-0 MARINO DE LUANCO : “3 MÁIS E 1 MENOS”.

 

Depor 1-0 Marino de Luanco

Quedaba por ver se os xogadores serían capaces de trocar o chip trala decepciín de non acadar un posto na Fase de Ascenso e o equipo estivo moi serio, ante un rival moi ben traballado, ao que non lle importou pasarse grande parte do choque cos 11 no seu campo e buscando aproveitar algúnha contra ou algunha xogada de balón parado, e a piques tiveron o premio a sua estratéxia pois a mlellor ocasión do encontro fai deles, pero topáronse cun Lucho García felino, que desbaratou un gol cantado.

O Depor tivo o control pero no foi quen de crear superioridade nen arriba, nen nas bandas. A resolución cehgou de novo tras unha internada de Lara polo lateral da rede e foi derribado. Penalti e gol de Miku. Puido ter pitado algún penalti máis o xove árbitro cántabro, que obviou un sobre Salva Ruíz, moi similar o de Lara e un claro agarrón a Diego Villares.

Tres puntos máis importantes polo que representan que polo xogo que amosou o equipo, que non soubo sair do entramado feito polo ex deportivista Manel, e representa 1 encontro menos para asegurar a 1ª RFEF, con 4 puntos sobre o terceiro, CD Numancia e 2 sobre o Ferrol. Ambos gañaron os seus encontros, os numantinos ao Compostela, (1-2), e os ferroláns ao Langreo, (1-0).

Depor: Lucho García, Bóveda, Mujaid, Borja Granero (Valín, min. 52), Salva Ruiz, Villares, Álex Bergantiños, Raí (Borja Galán, min. 83), Keko (Rayco, min. 83), Miku (Claudio Beauvue, min. 83) e Lara (Gandoy, min. 69).

Club Marino de Luanco: Chechu Grana, Borja, Emilio Morilla (Orviz, min. 73), Trabanco, Miguel Prado, Guaya, Luis Morán (Iván Fernández, min. 73), Nacho Matador (César Suárez, min. 86), Lora (Enol, min. 86), Álex Arias e Mendi (Chiqui, min. 53).

Gol: 1-0 Miku, de penalti (min. 61).

Árbitro: Pozueta Rodríguez (c. cántabro). Cartóns amarelos a Luis Morán (min. 38), Emilio Morilla (min. 70) e Villares (min. 85). Non apartado técnico deixou sen pitar dous claros penaltis, un sobr Salva Ruíz e outro sobre Diego Villares.

Incidencias: Partido da 1ª xornada do Grupo 1 Subgrupo D de Segunda División B disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR con asistencia limitada a 500 espectadores debido á pandemia de COVID-19.

Lesión : Saeu no 52 Valín por Granero, que tras un golpe estaba mareado. Rubén de la Barrera dixo en rolda de prensa que non revestía problema a lesión do cental. Cando saeu o seu lugar ocupouno Eneko Bóveda..

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies