A CRÓNICA : DEPOR 1-0 MALLORCA :”POR UNHA VEZ SORRINOS A SORTE”.

 

Quique saeu lesionado cun pinchazo no desconto.

 

Encontro de moitos nervos o vivido en Riazor. Un encontro de alto nivel que os miserables que moven o cvotarro da Liga de Fútbol Española pasaron ao luns para privar de ir ao estadio a milleiros de siareiros que de ser en sábado ou Domingo estarían animando o equipo. Ata no caso dos do Mallorca. O Depor madou e tivo as mellores ocasións na primeira metade, para irse o descanso co 0-0 inicial. Xa na segunda e co paso dos minutos o Mallorca foi achegándose cada vez máis, aproveitamdo o cansanzo e o medo a perder dos deportivistas, que de non ser por Dani Giménez non se chegaría ao derradeiro minuto de xogo, con opcións, cando chegaba un penalti sobre Matías Nahuel, que pugnou por un balón longo o vértice esquerdo da meta de “General”, para ser derribado. Non lle tremeu o pulso a Carlos Fernández a pesares da presión con contínuas protestas durante un poar de minutos. Mandouna a o lado que se lletirou o porteiro visitante, que foi un muro na primeira metade, pero a media altura, imparable e poñe aos deportivistas a puntos co Cádiz pero fora do “Play-Off”, e a 3 dos mallorquíns e co golaveraxe particular empatado, tendo os mallorquíns que recibir ao Granada o vindeiro Domingo ás 20:00 horas, (18:00 GMT), en horario unificado dos encontros nos que se xoga algo. Os deportivistas vistan o Elxe a mesma hora.

Depor : Dani Giménez, Saúl, Domingos Duarte, Pablo Marí, Eneko Bóveda, Álex Bergantiños, (Vicente Gómez), Edu Expósito, Fede Cartabia, Borja Valle, (Matías Nahuel), Quique González, 8Crístian Santos) e Carlos Fernánez.

Goles : 1-0, Carlos Fernández, (95´).