A CRÓNICA : DEPOR 1-0 FERROL : “3 PUNTOS DE SOLVENCIA”

Diego Rolan, debut e gol que valeu 3 puntos.

 

Depor 1-0 Ferrol

Comezou ben o Depor con posiblmente o mellor cuarto de hora da tempada, pero a partirs de aí, solvencia defensiva, sen pasar apuros, ante un Ferrol que quixo pero non lle deixaron, pois o Depor estivo magnífico en defensa dende o campo contrario, e só os ferroláns conseguiron chegar a porta a balón parado, onde se toparon cun Carlos Abad moi atento e sen contemplacións a hora de despexar os balóns longos colgados a sua área.

Un penalti sobre Diego Rolan, aos 5 minutos de xogo, nunha xogada na que quebra ao central ferrolá Quintana e no intento de centro dalle nas mans o balón o xogador visitante. O propio Rolan transdormou o pena máxima cun potente disparo. Pideu tamén o Ferrol penalti por mans de Mujaid, totalmente involuntarias, pero coñecendo os critiros tan dispares dos colexiados, ao mellor outro pitaríao.

Comezou sorpendendo Fernano Vázquez cun rombo no centro do campo con Borja Galán por detras de Claudio Beauvue e con Diego Rolan e Nacho González como extremos. Na segunda metade, antes da hora de encontro, o adestrador de Castrofeito volveu a defensa de 5 dando entrada de novo, coma en Guijuelo, a Bergantiños por Beauvue e trocar o 1-5-3-1, e aí xa se acabou o encontro, pois o Ferrol foi incpaz de crear perigo, agás como decíamos algún balón colgado o área en xogadas a balón parado.

Unha vez máis a solvencia foi clave, pero faltou claridade en ataque, pois tan só caben destacar unha ocasión desperdiciada por Nacho González, a centro de Rolan, e outra na que Galán con todo para disparar a porta mandou demasiado alto.

Depor: Carlos Abad, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Salva Ruiz, Nacho González (Gandoy, min. 60), Uche Agbo, Borges, Borja Galán (Lara, min. 80), Claudio Beauvue (Álex Bergantiños, min. 56) e Rolan (Rui Costa, min. 80).

Racing Club de Ferrol: Diego Rivas, Seoane (Dani Abalo, min. 83), Quique Fornos, Yeferson Quintana, Bruno Rivada, Pumar, Fer Beltrán (Nathan Palafoz, min. 75), Elsinho Dias, Dani Nieto (Javi Rey, min. 54), Joselu e David Rodríguez (Peñaloza, min. 75).

Gol: 1-0 Rolan, de penalti (min. 6).

Árbitro: Vicente Moral (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Bruno Rivada (min. 48), Borges (min. 84) e Quique Fornos (min. 90).

Incidencias: partido da 6ª xornada do Grupo I Subgrupo A da Segunda División B disputado no Estadio de Riazor a porta pechada.

 

DETALLES

 

 

Antes do encontro detalle dos Riazor Blues que tiveron un homenaxe na memoria de Jimmy, colocando unha coroa na grada de “General”, na que tantas veces estivo animando o seu querido Depor. Entonaron cánticos de recordo, “Jimmy hermano nosotros no olvidamos”, “Jimmy vive!!!…”, e encendéronse bengalas, o que fixo que o acto chegase a tódolos lados. Cúmprense 6 anos do sei asasinato e os culpables, ainda sabendo quen son, andas libres pola rua.

 

 

Antes do pitido incial o detalle foi o minuto de silencio na memoria de Diego Armando Maradona, e nas pantallas do campo apareceu o astro furbolístico arxentiño enfundado con camisetas do Depor.

 

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies