Depor 1-0 Coruxo CF
Primeira metada aburrida, espesa, con tan só un tiro a porta do Depor nunha falta lateral na que Keko Gontán estrelou o balón no longueiro e o rexeite, en boca de gol, era rematado por Álex Bergantiños de testa as mans do porteiro. Boas prestacións dos sureños que dominaron o balón por ocasións, pero sen crear perigo. No treito final o equipo deportivista que non tivera moita craridade co balón, fíxose dono dél e chegou con perigo.
A segunda metade comezou igual co treito final da primeira, e foron os deportivistas os que tiveron o balón e as chegadas, ata que no 55, Lara marcaba o gol que lle daría os 3 puntos o Depor. Keko internábase desde a dereita do área en diagonal, buscaba a Borges que abría cara á esquerda. O pase do costarriqueño deixábao pasar Beauvue entre as súas pernas para que chegase á Lara dentro da área. Buscaba o man a man con Antón de Vicente, recortábao cara a dentro e disparaba forte por baixo ao pau contrario, batendo ao meta visitante Alberto, que non podía facer nada.
Puido empatar o Coruxo pouco despois nun desaxuste defensivo incrible da zaga deportivista, na que Álex Bergantiños volveu a exercer de “kaiser”, cun Mujaid que fixo un tremendo encontro. O visitante Jairo rematou de testa un balón no borde do área pequena, só, sen impedimento algún, libre de marca. Sen dúbida a mellor e única ocasión dos do Vao.
Tralo arreón despois do gol, os sureños disolvéronse e o Depor puido sentenzar cunha triple oasión con disparo de Borja Galán, que saira por Lara, o rexeite tras paradón de Alberto, rematouno Keko Gontán, que se topaba cun dfensa que evitaba o gol e o rexeite era rematado de novo por Borja Galán alto, con todo para marcar.
O gol non chegou, pero as ocasións foron numerosas, Uche Agbo rozouno, así coma Borja Galán, Keko Gontán ou Gandoy, pero faltou definición.
O final 3 puntos máis para seguir crecendo, e cun traballo defensivo extraordinario, sen recibir un só disparo antre os 3 paus. Facendo reconto os deportivistas levan 4 encontros con tan só un gol en contra, que chegou no primeiro encontro tras unha falta no pico do área e no posterior despexe de Carlos Abad. Nin un só tiro antre os 3 paus ante o Compostla na segunda xornada, un tiro a porta ante Unionistas e ningún antre os 3 paus nesta xornada. Falta afinar a puntría arriba para compensar o gran traballo do equipo, que mellorou as suas prestacións no medio campo.
A moitos parecerálle pouco a bagaxe neste encontro e nos outros, pensando que íamos gañar de “calle” os encontros, pero por moitos xogadores recoñecibles que teñamos, esto é fútbol e de seguro que os nosos rivais non xogarán ca mesma intensidade contra outros rivais e se por nomes foran e cos presupostos que teñen, Madrid e Barcelona, terían o resto de equipos como “sparrings”, pero eso non é así. O final cun bo traballo e crecendo como equipo pouco a pouco, o equipo vai lider e cun só gol, de rexeie” en contra e 10 puntos de 12 posibles…Queixarse é libre, o mesmo que valorar o feito ata o de agora.
A vindeira semana non haberá competición, polo que Fernando Vázquez terá 15 días para seguir pulindo o equipo. Non estará Celso Borges que viaxa para xogar ca sua selección.
Depor: Carlos Abad, Valín (Borja Granero, min. 80), Mujaid, Álex Bergantiños, Héctor Hernández, Agbo, Borges, Keko, Nacho González (Gandoy, min. 64), Lara (Borja Galán, min. 64) e Claudio Beauvue (Miku, min. 64).
Coruxo FC: Alberto, Antón de Vicente, Andriu, Crespo, Manu, Chevi (Jonathan Vila, min. 80), Yebra, Mateo, Álex Ares (Valiño, min. 72), Jairo (Rivera, min. 87) e Aitor Aspas (Pedro, min. 72).
Gol: 1-0, Lara (min. 55).
Árbitro: Cueto Amigo (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Crespo (min. 36), Nacho González (min. 60) e Héctor Hernández (min. 90+3). Dous erros de bulto marcaron a sua arbitraxe, que no global foi boa. Perdonoulle o segundo cartón a un xogador visitante e errou, por culpa do seu liña, nunha xogada de gol na que Lara se internou no área con todo para marcar, pero evitouno un fora de xogo inexistente.
Incidencias: Partido da 4ª xornada do Subgrupo A do Grupo 1 de Segunda División B disputado no Estadio de Riazor con asistencia reducida a 150 espectadores.
MANIFESTACIÓNS
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia