A CRÓNICA : DEPOR 1-0 CD GUIJUELO : “VITORIA QUE SABE A POUCO”.

 

Depor 1-0 CD Guijuelo

A mentalidade imposta por Rubén de la Barrera desta vez si se veu refrexada no resultado, ainda que pola vitoria, non polos merecementos. O Guijuelo non mereceu nada e puido empatar, só por non matar o encontro o equipo deportivista. Monólogo co balón nos primeiros 45 minutos nos que os da terra do xamón non deron sinais de existir. O gol chegou tras gran xogada por banda de Héctor Hernández con remate dende a banda, dentro do área, que deu nun contrario e o rexeite foi aproveitado por Lara para fecer o 1-0 dende o ‘punto de penalti.

Sorprendeu Rubén de la Barrera polo troco na porta, dando paso a Lucho García por Carlos Abad, a pesares da rotura dos osos propìos do naríz, e tamén o propio meta colombiano o xogar sen protección. Que entraran Rayco e Villares, coñecendo a maneira de ser de Rubén non extranaba, tralo bo encontro de ambos en Vigo. Si extranou a entrada de Bóveda no lateral dereito. Antes do descanso Rayco tivo unha ocasión inmellorable e tamén reclamou un penalti por empuxón no área.

Puido matar o encontro na segunda metade con craras ocasións de Rayco, Raí e Villares, pero a falla de definición non fixo que o segundo subise o marcador. Sen Novas do equipo xamoneiro en todo o enconto e ca incertidume polo curto do resultado, o visitante Cristobal tivo a ocasión de empatar pero topouse ca testa de Galán acabado de entrar e que consigueu en 5 minutos 4 cartóns para os visitantes, un deles vermello a Kamal polas protestas

O final trunfo xusto pero curto ante un Guijuelo que tivo unha moi crar pero que non foi quen de disparra antre os 3 paus.

Depor : Lucho García, Bóveda, Granero, Mujaid, Héctor, Agbo (Álex Bergantiños, min. 88), Borges, Villares (Borja Galán, min. 80), Raí (Derik, min. 88), Lara (Keko, min. 61) y Rayco (Claudio Beauvue, min. 80).

CD Guijuelo : Salcedo, Raúl Parra (Cristóbal, min. 52), Lucas (Damián, min. 46), Jonathan (Kike Pina, min. 32), José Martínez, Razvan, Deco (Kamal, min. 60), Carlos Rubén, Abrahan Pozo (Eizmendi, min. 52), Pino e Isma Cerro.

Gol : 1-0 Lara (min. 26).

Árbitro : Saiz Pérez (c. cántabro). Expulsó con roja directa a Kamal (min. 85), segundos después de mostrarle la amarilla. Tarjetas amarillas a Agbo (min. 37), Raúl Parra (min. 48), Lara (min. 58), Kamal (min. 85), Isma Cerro (min. 87) y Razvan (min. 90+3).

Incidencias : partido de la 14ª jornada del Grupo 1 Subgrupo A de Segunda División B disputado en el Estadio ABANCA-RIAZOR a puerta cerrada debido a la pandemia de COVID-19.

 

MANIFESTACIÓNS

 

Así non

Asco nos da a xenofobia da prensa que segue o Depor a hora das roldas de prensa despreciando aos milleiros e milleiros de deportivistas, socios e afeccionados coa sua manía polo castelán. Na riolda de prensa do pasado venres en tres cuartos de hora de rolda de prensa con Rubén de la Barrera, nen unha soa pregunta en galego. Hoxe gracias a Radio Galega si houbo, pero onde estaban o venres?. Seguindo o Vigo cun seguimento inferior o Cuño, (que non existe), a pesares de estar na Primeira?. A nosa repulsa a ese xornalismo coruñés e galego que nos desprecia desprezando o noso idioma tendo a un adestrador que sabe falar en galego.

 

-Foto e Vídeos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies