A CRÓNICA : DEPOR 1-0 CD EL EJIDO 2012 : “PASE CON AXUDAS NUNHA SEGUNDA METADE HORROROSA”.

 

DEPOR 1-0 CD EL EJIDO 2012

Primeira metade na que o Depor tivo o control totalmente ata o minuto 35 no que chegaba a “autoexpulsión”, de Borja Granero que tras o único contragolpe do equipo almeriense chegaban en superioridade e Granero en troques de deixar acabar a xogada, por se podía parala o porteiro, ou ainda que fose gol, optou por derribar o dianteiro visitante agarrándoo e deixou os compañeiros en inferioridade, tras recibir un merecido cartón vermello. A partires desta xogada o equipo exidense puido empatar en duas ocasións, con boas intervencións de Lucho García. Puido facer tamén Rui Costa o segundo, pero a sua rosca dende o pico do área, bateu no pau. Antes da expulsión o propio Rui puido facer o primeiro, que o fixo Héctor Hernández, tras boa xogada entrega de Lara dentro do área. Os visitantes antes da expusión tan só chegaran unha vez ao borde do área deportivista.

Na segunda metade pronto se igualaban as forzas, trala expulsión de por parte dos visitantes, de Javi Rosa, que vía o segundo amarelo nun agarrón na banda a Lara, cando se internaba no área. A partires de aí, todo un despropósito de erros en ámbolos dous equipos, e ocasións craras de gol para ambos. Dous goles legais anulados ao equipo exidense, un por fora de xogo inexistente e outro por unha “falta light”, cun pequeno toque a Mujaid no salto do dianteiro do Éjido.

Ata o final os visitantes puideron facer o empate pero topáronse con Lucho García, o mellor do encontro, e o Depor tivo numerosas ocasións para facer o segundo, pero ou se toparo co meta Godina, ou co nefastos que están  a ser en ataque, perdoando superioridades no área ou chegadas craras.

Unha vez máis desastrosa segunda metade, e patética efectividade en ataque. Só a entrada de Uche Agbo deu outra luz o medio do campo, que estaba a ser dos andaluces. Fernando tardou demasiado en sacar do campo a un fundido Rui Costa e Miku que entrou no seu lugar errou ata 4 ocasións craras de gol.

Agora o vindeiro Domingo toca o “LXXV Trofeo Teresa Herrera” e o “VIII Trofeo Teresa Herrera Feminino”,  a partir das 12:00 horas co partido masculino e ás 16:30 horas co feminino. A liga non volta ata o 10 de Xaneiro do 2021 e a Copa ata o 3 do mesmo mes.

 

Depor : Lucho García, Eneko Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Héctor Hernández, Álex Bergantiños, Yago Gandoy, (Uche Agbo, 74´), Celso Borges, Lara, (Erik Osede, 64´), Claudio Beauvue, (Borja Galán, 46´), e Rui Costa, (Miku, 74´).

Gol : 1-0, Héctor Hernández, (13´).

Arbitro : Leandro Carbajales Gómez, (Colexio Astur). Desastroso. Non amosou un vermello por entrada bestial a un dos visitantes que poderían quedar con 9 e logo anulou dous goles legais o CD El Ejido, un a insrancias do seu liña e o outro de colleita propia

 

Miku Lesionado

Segundo informou Fernando Vázquez na rolda de prensa que vos traeremos en breve en vídeo, así como as verbas do goleador do encontro, Héctor, Miku lesionouse na derradeira xogada do encontro.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies