A CRÓNICA : DEPOR 1-0 CASTELLÓN : “ESCASA VAGAXE”.

O final houbo comunión equipo-afección.

 

Depor 1-0 Castellón

Primeira media hora de dominio e ocasións deportivista ante un Castellón que sacaba balóns como podía e co seu porteiro como máximo exponente facendo varias paradas de mérito. No treito final da primeira metade cesou o acoso deportivista que merecía irse o descanso con vantaxe, en especial nas botas de Svensson por ata 3 veces e Yeremay. Na segunda metade saeu mellor o conxunto visitante e puido poñerse por diante pero Mackay estivo moi acertado nun tiro a porta. Foise repoñendo o equipo branquiazul e comezou a crear ocasións. Svensson de novo foi o que gozou das mellores e o que fixo o gol que adiantaba os nosos, tras un roubo encarar a defensa e o porteiro e mandar o balón o fondo das mallas. Pouco despois Yeremay era obxeto de falta dentro do área. O ex deportivista Calavera, que xa tiña un cartón, dáballe un pisotón o canario diante dos fuciños do colexiado que non quixo pitar a pena máxima, que conlevaría expulsión.

Pouco despois o extremo canario tiña que abandoar o terreo de xogo o non recuperarse da falta recibida no área dando entrada De la Barrera a Saveiro no seu sitio. Foron os mellores momentos deportivistas, pero non foron aproveitados cun segundo gol. No derradeiro cuarto de hora o Castellón aproveitou o baixón físico deportivista e comezou a asediar a porta branquiazul pero topouse cun gran Mackay que sacou duas boas mans para evitar o empate. Insisteu o conxunto alicantino ata o pitido final.

Escasa vagaxe para o encontro de volta o vindeiro Domingo 11 de Xuño no Novo Castalia, tendo en conta o rendemento dos nosos como visitantes.

 

 

Record de asistencia nun encontro da 1ª RFEF

Neste Depor-Castellón bateuse o record de asietncia a un encontro da Primeira Federación con 28.828 espectadores no campo. A marea branquiazul foi inmensa fora do estadio e durante todo o día nas concentracións na Rúa San Juan e na Praza de María Pita, sendo unha cifra que incluso podería dobrar a que houbo dentro do estadio.

 

Depor : Mackay, Antoñito, Jaime, Pablo Martínez, Lebedenko, Diego Villares, Álex Bergantiños, Mario Soriano (Isi Gómez, min. 88), Lucas, Svensson (Kuki Zalazar, min. 81) e Yeremay Hernández (Saverio, min. 65).

CD Castellón: Alfonso, Manu Sánchez, Iago Indias, Borja Granero, Salva Ruiz, Josep Calavera (Carles, min. 66), Cristian (Pablo Hernández, min. 73), Jeremy De León (Raúl Sánchez, min. 56), Kochorashvili, Koné (Fabrício, min. 73) e De Miguel.

Gol: 1-0 Svensson (min. 59).

Árbitro: Conejero Sánchez (c. estremeño). Mal, puido asinar algún cartón máis e curtar o xogo duro dos visitantes en varios tramos do partido. Obviou un penalti craro a Yeremay diante dos seus fuciños, e que conlevaría o segundo cartón para Calavera. Maosoulle cartón amarelo a Josep Calavera (min. 22), Pablo Martínez (min. 50), o suplente visitante Cubillas (min. 65) e Carles (min. 90+2).

 

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo RFEF