A CRÓNICA : DEPOR 1-0 CADIZ : “O TREN DE SAN FERNANDO FUNCIONA E VAI SEN FREOS”.

Sabin Merino leva 2 goles en dous encontros co Depor.

 

Depor 1-0 Cádiz

Volveu Fernando Vázquez ao 1-5-4-1 e funcionou as mil maravillas, anulando o lider en tódalas suas virtudes que o levaron o máis alto e conseguind metelo no seu campo e batilo. Unha liña de 5 con Eneko Bóveda en banda dereita que tapou ben os intentos do rival pola sua banda e cunha liña de 3 no na zaga con Mujaid, que segue inconmesurable, na recuperación, no corte e na anticipación, no medio da zaga Somma que non concedeu nada a dianteira cadista e pola esquerda Salva Ruíz que pouco durou no campo o sentir un pinchazo nos isquiotibiais. No seu eido saltou o terreo de xogo Luis Ruíz, que tivo moito traballo, xa que por esa banda foi por onde máis o tentou o rival, pero cumpleu con creces. No medio Peru Nolaskoain que sigue a liña que segue o equipo e por diante dél Gaku, con máis liberdade de movemento e surtindo balóns o ataque. Nas bandas como extremos pola banda dereita Aketxe, que segue nun intre de forma extraordinario e puido marcar aos poucos minutos do inicio nun saque de falta “marca da casa”. Pola esquerda Mollejo que loitou como nél é habitual e axudou en tareas defensivas a Luis Ruíz. Na punta de ataque repiteu Sabin Merino que se está a convertir no noso Aduriz particular e volveu a marcar.

O Depor anulou totalmente o lider que non foi quen de disparar con perigo antre os 3 paus en todo o encontro, e que veu como na segunda metade polo traballo ofensivo deportivista tivo que recuar o seu campo. O gol chegou aos 65 minutos de xogo tras filtar un pase antre liñas Gaku, que Sabin entendeu a perfección coma se levasen xogando xuntos dende fai moito e bateu por baixo e pegado o pau a Cifuentes na sua saida a desesperada.

Tres novos puntos e xa van 12 de 12 posibles, dende que antes do Nadal con Luis César derrotásemos ao Tenerife, (2-1), e o “tren” de San Fernando vai sen freos, e máis ca andando vai correndo, para sair dos postos de descenso e meter a máis equipos na loita, que será dura e longa, pois ainda que sexa repetitivo, a Segunda División é moi longa, e nin os que están agora abaixo teñen todo perdido, nen os que están arriba teñen todo gañado, pois haberá moito baile de equipos en ambos chicotes.

 

 

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Somma, Montero, Salva Ruiz (Luis Ruiz, min. 16), Peru Nolaskoain (Álex Bergantiños, min. 85), Gaku Shibasaki, Aketxe, Sabin Merino e Mollejo (Vicente Gómez, min. 80).

Cádiz CF: Cifuentes, Iza Carcelén, Cala, Rhyner, Espino, Edu Ramos (Bodiger, min. 74), Garrido (Iván Alejo, min. 68), Álex Fernández, Nano Mesa, Lozano (Pombo, min. 64) e Alberto Perea.

Gol: 1-0 Sabin Merino (min. 65).

Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Cartón amarelo a Garrido (min. 42), Alberto Perea (min. 49), Peru Nolaskoain (min. 54), Iza Carcelén (min. 80) e Sabin Merino (min. 85).

 

A afección respostou como pasa sempre.

 

Incidencias: Partido da 24ª xornada da Segunda División Española de Fútbol disputado no Estadio de Riazor ante 24.345 espectadores. Saeu lesionado Salva Ruiz aos 16 minutos de xogo por un pinchazo nos isquiotibias. Peru Nolaskoain que saeu con molestias aos 85 minutos de xogo, veu o 5º cartón amarelo polo que será sancionado por acumulación e será baixa a vindeira xornada ante o Albacete Balompié, o Domingo 26 de Xaneiro a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT). Tamén veu un cartón amarelo Fernando Vázquez por ir a celebrar o gol cos xogadores. Claudio Beauvue foi aplaudido polo sector de afeccionados da banda de General e Tribuna na que estivo a quecer. A idea era que debutase pero a lesión de Peru Nolaskoain fixo que entrase Álex Bergantiños no seu eido.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

-Vídeos : RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.