A CRÓNICA : DEPOR 1-0 AD MÉRIDA : “MERECIDO CASTIGO”.

 

Depor 1-0 AD Mérida

Saeu o equipo branquiazul cos mesmos 11 de San Fernando, e saeu a polo equipo emeritense dende o pitido incial, cousa que este cortou con faltas e as liñas moi xuntas, por diante da sua área. Martínez o remate dun saque de curruncho de Lucas puido facer o primeiro, pero o seu testarazo bateu na madeira, tras outro remate que para o porteiro, na mesma xogada. Segue o francés tentando a sorte, pero fáltalle coller os tres paus polo médio, pois pouco despois remataría outro corner no que mandaría o balón lamendo o pau.

 Foise diluindo o ritmo deportivista enmarañado na rede extremeña tras unha boa oportunidade de Quiles, a pase de Rubén Díez, pero o dianteiro deportivista remataría alto en boca de gol. Acumulou ocasións de perigo o Depor a balón parado. Nunha perda de balón en medio campo, xa en tempo de desconto, plantouse o Álvaro Ramos no borde do área, disparou, pero Mackay moi atento despexou a saque de curruncho. Foi a única ocasión dos emeritenses en todo o encontro.

Na segunda metade o encontro só tivo un sentido, e foi cara porta dos de Mérida. Se na primeira xa foran defensivos ao máximo, nesta segunda, comezou un recital de perdas de tempo, faltas, e toda clase de maneiras de que o encontro non se xogase, todo elo ca permisividade do colexiado. Contabilizar a hora de xogo, unha chegada emeritense, cun disparo froxo as mans de Mackay.

O Depor víase enrredado, ata a entrada de Svensson no 63. A sua verticalidade comezou a abrir fenda enmarañada estratexia dos visitantes. O hispano-sueco, tivo unha gran ocasión aos poucos de entrar, cun man a man co porteiro branquinero, e no saque de curruncho posterior, rematou de calcañeo, facendo actuar de novo a Palomares, que tras o terceiro corner consecutivo a piques estivo de verse sorprendido nun ramte de Quiles, que atallou en dous tempos.

Mario Soriano que saira uns minutos antes ca Svensson, tamén foi un incordio para a defensa emeritense, e sirveu un bo balón antre liñas a Lucas, que disparou escorado a porta e fixo lucirse a Palomares. Pouco despois xogada de paredes antre Soriano e Svensson, e o de Alcalá manda o balón a base do pau tras forte disparo.

O encontro era un “ó ataque!!!!, e a entrada de Yeremya xa o fixo máis, pois descubría o Depor a parte datrás, o ver que só se xogaba nun campo, pero iso puido ter un disgusto, pois xa co tempo cumprido, chegaron unha vez a nosa área, tras un rápido contragolpe, pero o remate dos visitantes foi moi alto.

No terceiro minuto dos 5 aumentados polo árbitro, (moi poucos para o tempo perdido), Yeremay encara a Bonaque, pártelle a cintura nun criebo, “marca da casa”, e este na incursión dentro do área do canteirán deportivista deríbao, e o colexiado non dubida en pitar a pena máxima, que Quiles executa a perfeccións, para quedarse os 3 puntos en Riazor, dando un merecido castigo a un Mérida, que se presentou en Riazor cun sistema ultradefensivo, pe perdendo tempo de tódalas maneiras posibles, e cometendo numerosas faltas, ca permisividade de Fernández Buergo, que tan só lles amosou 3 cartóns amarelos.

Depor: Mackay, Antoñito, Jaime, Martínez, Lebedenko (Yeremay, min. 88), Rubén Díez, Olabe (Mario Soriano, min. 58), Diego Villares, Quiles, Lucas e Saverio (Svensson, min. 63).

AD Mérida: Palomares, Felipe Alfonso, Nacho González, Bonaque, Álvaro Ramón, Meléndez, Acosta, Larrubia (Diego Parras, min. 89), Dani Lorenzo (Busi, min. 80), Nando Copete (Sandoval, min. 70) e Carlos Cinta (Chuma, min. 70).

Gol: 1-0 Quiles, de penalti (min. 90+4).

Árbitro: Fernández Buergo (c. asturiano). Cartón amarelo a Álvaro Ramón (min. 40), Meléndez (min. 45), Chuma (min. 72) e Rubén Díez (min. 76).

Incidencias: partido da 22ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 19.970 espectadores.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : RFEF