A CRÓNICA : DEPOR 0-2 MÁLAGA : “RESULTADO CORTO PARA OS MALAGUISTAS”

 

Depor 0-2 Málaga

Esperábamos ver máis dun Depor que se sume na desidia tras ofrecr un partido desatroso e xa van uns cuantos. O Málaga insisteu ata conseguir meterse por diante e destrozou o equipo deportivista con cada roubo de balón e cada contra conseguindo o segundo tras un erro de Dani Giménez, que foi o mellor do encontro e evitou que os malagusitas non sairan de Riazor  cunha vitoria moito máis abultada e merecida.

Moito traballo ten por diante Luis César no deportivo e no psicolóxico, para levantar a un equipo morto, que non amosa nada de nada. A única esperanza a da imaxe dada ante o Almería. Só queda pensar, (a pesares de que queda moito), en salvar a categoría.

Espectacular unha vez máis a afección con 14.349 espectadores, a pesres de ser o encontro as 4 da tarde e con chuvia por toda Galicia. Nos non fallamos nunca porque somos dun escudo e dunhas cores.

 

 

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Peru Nolaskoain, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Gaku Shibasaki (Jovanović, min. 70), Mollejo (Christian Santos, min. 70), Aketxe, Borja Valle e Longo (Koné, min. 84).

Málaga CF: Munir, Cifuentes, Luis Hernández, Lombán, Mikel Villanueva (Diego González, min. 71), Keidi Bare, Antoñín (Hicham, min. 78), Renato Santos (Boulahroud, min. 85), Adrián, Cristo e Sadiku.

Goles: 0-1 Mikel Villanueva (min. 42); 0-2 Sadiku (min. 87).

Árbitro: De la Fuente Ramos (c. castelán-leonés). Cartón amarelo a Peru Nolaskoain (min. 40) e Keidi Bare (min. 85).

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

LUIS CÉSAR

“Hai futbolistas que están moi por baixo da súa versión boa. Que facemos con eles?. Quitámolos do medio ou insistimos con eles?. É outro apartado que ten que facer o adestrador. Traballar, perfeccionar, escoller a outros ou mellorar aos que están, ou as dúas cousas á vez”.

O técnico deportivista afirmou que o Málaga CF “gañou merecidamente. Pero o 80 % das ocasións de gol foron demérito noso. Iso é o que non podemos facer. Un día doloroso e a seguir. Irme para a miña casa, ver o partido, corrixir e seguir para adiante. Non hai máis”.

Insiste en que “xogas un partido e espérache unha semana fácil, sinxela, dura ou moi dura. Tócanos unha semana dura pero temos que traballar coa mesma enerxía que se gañásemos hoxe aquí. Tratar de mellorar as cousas que fixemos mal e insistir”.

Agora segundo o adestrador branquiazul é momento de “traballar máis, escoller outros futbolistas se cadra, ou variar funcionamentos. En definitiva, tratar de ser máis solventes. Non me gustou o equipo hoxe”.

Luis César cre que “estamos na fase na que non sae o que un quere. Rendementos individuais baixos, rendemento colectivo baixo. Mostramos moita vulnerabilidade. Os que estamos neste oficio sabemos que algunhas veces estamos no barro, no lodo. Estou agora no barro, no lodo pero non me preocupa porque coñezo o hábitat e sei manexarme no lodo, no barro. Estiven moitas veces en posición de descenso. O que temos que facer é traballar e imos saír, claro que imos saír. Mirando para outro lado e poñéndome triste non vou solucionar nada. ¿Estou nunha situación que me gusta? Non. ¿Estiven outras veces? Si. ¿Gústame o barro? Non. ¿Gústame o cheiro do lodo? Non. Pero é o que me toca”.

 

BORJA VALLE

O atacante berciano afirma que non quere pensar na salvación: “Temos que seguir sendo ambiciosos e seguir crecendo”.

Admite que a confianza agora mesmo “é mínima. Cada erro se magnifica, penalízanos. Tentámolo e non dá saído. Dóeche porque estás a loitar 90 minutos e á mínima vólveseche a escapar”.

Insiste en que “o único que queda é tentar facer as cousas ben, seguir corrixindo erros, levantar a cabeza”.

Borja Valle indica que “peor non pode saír. Estamos abaixo de todo. Temos que dar ese impulso para arriba, corrixir miles de erros que temos, sumar dunha vez e xa está”.

Un dos capitáns do Dépor subliña que “na miña cabeza non entra a palabra renderme e moito menos nesta situación. O que tento cada día é animar, axudar, levantar á xente. Isto é moi bonito o que estamos a vivir. É fodido pero somos uns privilexiados, que temos que gozalo cada día. Canto máis gocemos, mellor van saír as cousas”.

 

ENEKO BÓVEDA

Eneko Bóveda sostén que se mellora “desde a unión, a fe no colectivo, no que lidera ese colectivo que é o adestrador. Nese sentido o equipo está ben, ten fe e unión. Con iso só non vale está a verse. Se tivese unha receita máxica tería un posto máis importante neste Club. Como non a teño e ademais son xogador, tócame ser humilde, analizar os meus erros e o martes tentar facer o mellor adestramento que un poida facer”.

O lateral deportivista, ante dous partidos seguidos agora lonxe de ABANCA-RIAZOR (en Santander e Fuenlabrada), apunta non obstante que “eu xogaría os 42 aquí. Cando non saen as cousas un asume que che van a poñer un pouquiño peor os xornais, non vanche a animar tanto en campo, non vas ter ese aplauso cada vez que toques a pelota. Pero eu prefiro xogar en casa”.

Bóveda lembra que “os xogadores que viñeron este verán aquí, que son a inmensa maioría do equipo, viñeron rexeitando equipos que agora mesmo parecen mellor equipo que nós. E eran a opción A ou B de equipos que agora parecen mellores. Os xogadores son bos. Non se pode quitar o carné de futbolista a ninguén por un partido, 8 ou 10. ¿Despois como se explican algúns rendementos que temos? É unha cousa que se ve en 1.000 equipos e a explicación é difícil”.

 

-Manifestación : rcdeportivo.es

-Fotos : Xosé Búa “Pirata”

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.