A CRÓNICA : DEPOR 0-1 VIGO B : “DE BOA PINTA A PINTAR MAL”.

Valcarce estivo moi vixiado polos vigueses.

 

Depor 0-1 Vigo B

O encontro xogado na tarde noite do Domingo en Riazor tivo unhas connotacións lamentables. Posiblemente o peor encontro na casa en anos. O depor foi un equipo nervoso, sen domino nen desborde en toda a primeira metade, na que se deixou subir ao lombo aun grupo de rapaces que ben poderían estar xogando no Fabril.

Na segunda metade tiveron o dominio pero sen chegar a tirar a porta con perigo, agás un saque de curruncho que Pablo Vázquez mandou lambendo a cruceta. O resto do encontro apuros e desquicio co bo oficio a hora de perder tempo dos vigueses.

Destacar un gol anulado a Lucas, porque o colexiado fixo que se sacase a fora de banda que deu pé o gol máis lonxe de onde se sacou, ou porque había no outro lado do campo un balón que xa estaba sacando fora un xogador deportivista, antes do gol.

Nefasto encontro que transformou un equipo que tiña boa pinta en poucas semanas nun equipo que pinta mal, e que fixo levantar o cabreo de todo o deportivismo con preto de 26.000 afeccionados no campo que adicaron aos xogadores unha pitada monumental, que aguantaron estoicamente a carón da porte de General, cos galegos do equipo en primeira fila.

Depor: Mackay, Ximo Navarro (Paris Adot, min. 46), Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Dani Barcia (Jaime, min. 46), Diego Villares (Martín Ochoa, min. 82), Jose Ángel, Cayarga (Hugo Rama, min. 46), Pablo Valcarce (Davo, min. 70), Mella e Lucas.

C. de Vigo B: Coke, Javi Rodríguez, Javi Domínguez (Dela, min. 88), Joel López (Tincho, min. 62), Javi Rueda, Damián, Miguel Román, Hugo Álvarez (Piay, min. 88), Raúl Blanco (Yoel Lago, min. 62), Pablo Durán (Bruno, min. 72) e Alfon.

Gol: 0-1 Pablo Durán (min. 32).

Árbitro: José Alberto Pardeiro Puente (c. cántabro). Estivo moi mal. Puxo o listón moi alto cun cartón amarelo a José Ángel cando ía 3 minutos e medio de xogo, e logo non tivo a valentía de sacar caróns en varias faltas que o mereceron, así como as contínuas perdas de tempo. Anuloulle un gol ao Depor ao mandar que se sacase unha fora de banda máis lonxe, cando permiteu en varias ocasións que se sacasen faltas e foras de banda moi fora de onde se deran. Cartóns :  amarelo a Jose Ángel (min. 4), Pablo Martínez (min. 43), Joel López (min. 49), Damián (min. 77) e Javi Rodríguez (min. 90+4).

Incidencias: partido correspondente á 7ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 25.672 espectadores.

 

 

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : RFEF