A CRÓNICA : DEPOR 0-1 UNIONISTAS DE SALAMANCA : “PENSANDO NO PLAY-OFF” CO LINARES.

Noel xogou os 90 minutos.

 

Depor 0-1 Unionistas de Salamanca

Tal e como vaticinara Borja Jiménez, non se ían a arriscar cos xogadores e tan só Álex Baergantiños saltou o céspede de Riazor, dos habituais. Minutos para os xogadores menos habituais, e algún fora de sitio.

Venceu o equipo salmantino cun gol do ex deportivista Rayco, un trunfo que non lle valeu de nada, o vencer tamén o UD Logroñés, que será o que acompañe a Depor, Ferrol, e Rayo Majadahonda no Play-Off.

Un Play-Off no que rteremos de rival ao Linares Deportivo, que nunha apretada xornada final do Grupo 2, derrotou 1-4 ao Sevilla Atlético, que se xogaba non descender. Os linareños na liga gañaron 17 encontro, empataron 9 e perderon 12, con 59 goles a favor e 47 en contra.

Deportivo: Pablo Brea, Doncel, Lapeña (Yeremay, min. 46), Trigueros, Aguirre, Calavera, Álex Bergantiños (Brais Val, min. 73), Borja Granero, Álvaro Rey (Villares, min. 63), Noel e Mario Soriano.

Unionistas de Salamanca CF: Salva, Ramiro, Acosta, Piña, Cris Montes (Edu Cortina, min. 80), Mandi (Héctor Nespral, min. 62), Salinas, Íñigo (Rayco, min. 62), Manu Sánchez (Jorge Mier, min. 46), Espina (De la Nava, min. 72) e De Miguel.

Goles: 0-1 Rayco (min. 68).

Árbitro: Ávalos Martos (c. catalán). Amoestou a Manu Sánchez (min. 18) e Trigueros (min. 49).

Incidencias: partido da 38ª xornada de Primeira RFEF disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 8.272 espectadores.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies