Nahuel retirouse con molestias nun aductor.
Depor 0-1 UD Las Palmas
-Las Palmas lévase un merecido trunfo-
O UD Las Palmas lévase un merecido trunfo de Riazor ante un Depor “plano”, sen ideas que foi sempre arrastro e acabou descolocado, o que motivou a expulsión de Edu Expósito por unha entrada por detrás. Atthami foi a “cuña” da propia madeira nun equipo o canario que tiña ata 4 exdeportivistas, (Álvaro Lemos, Aythami, Rubén Castro e Momo). Tan só un remate de testa centrado a bocaxarro de Domingos Duarte, a saque de falta de Pedro Sánchez, (igual o gol que se lle marcou polo Nadal ao Zaragoza), foi a bagaxe ofensiva de todo o encontroi do Depor. Pola sua banda o equipo insular gozou de varias boas ocasións, tendo nunha delas que empregarse a fondo Dani Giménez. O gol canario chegou ao iugual ca semana pasada o do empate do Alcorcón no 86. Mal encontro, malas sensacións e primeira derrota en Riazor. Agora toca descansar esta semana, pois tócanos o encontro co Reus, que non se xoga, e resetear.
Dani Giménez, Eneko Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Vicente Gómez, Pedro Mosquera (Christian Santos, min. 81), Pedro (Borja Valle, min. 74), Edu Expósito, Nahuel (Fede Cartabia, min. 68), e Quique.
Goles : 0-1, Aythami, (min. 86).
Árbitro: De la Fuente Ramos (c. castelán-leonés). Expulsou con vermella directa a Edu Expósito (min. 83). Estivo moi mal a hora de parar o xogo e moi permisivo coas numerosas faltas dos canarios, en especial sobre Vicente Gómez. Reclamouselle un penalti sobre Nahuel.
Incidencias: Partido correspondente á 28ª xornada da 2ª División no Estadio de Riazor ante 16.244 espectadores.
-MANIFESTACIÓNS –
Natxo González
Natxo González recoñeceu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “é un momento difícil, o máis difícil da temporada”.
Iso si, o técnico deportivista advirte que “na miña traxectoria para conseguir as cousas pasei momentos de dificultade a nivel persoal e profesional. E este é un momento de dificultade. Agora temos que demostrar que tipo de equ