Nahuel retirouse con molestias nun aductor.
Depor 0-1 UD Las Palmas
-Las Palmas lévase un merecido trunfo-
O UD Las Palmas lévase un merecido trunfo de Riazor ante un Depor “plano”, sen ideas que foi sempre arrastro e acabou descolocado, o que motivou a expulsión de Edu Expósito por unha entrada por detrás. Atthami foi a “cuña” da propia madeira nun equipo o canario que tiña ata 4 exdeportivistas, (Álvaro Lemos, Aythami, Rubén Castro e Momo). Tan só un remate de testa centrado a bocaxarro de Domingos Duarte, a saque de falta de Pedro Sánchez, (igual o gol que se lle marcou polo Nadal ao Zaragoza), foi a bagaxe ofensiva de todo o encontroi do Depor. Pola sua banda o equipo insular gozou de varias boas ocasións, tendo nunha delas que empregarse a fondo Dani Giménez. O gol canario chegou ao iugual ca semana pasada o do empate do Alcorcón no 86. Mal encontro, malas sensacións e primeira derrota en Riazor. Agora toca descansar esta semana, pois tócanos o encontro co Reus, que non se xoga, e resetear.
Dani Giménez, Eneko Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Vicente Gómez, Pedro Mosquera (Christian Santos, min. 81), Pedro (Borja Valle, min. 74), Edu Expósito, Nahuel (Fede Cartabia, min. 68), e Quique.
Goles : 0-1, Aythami, (min. 86).
Árbitro: De la Fuente Ramos (c. castelán-leonés). Expulsou con vermella directa a Edu Expósito (min. 83). Estivo moi mal a hora de parar o xogo e moi permisivo coas numerosas faltas dos canarios, en especial sobre Vicente Gómez. Reclamouselle un penalti sobre Nahuel.
Incidencias: Partido correspondente á 28ª xornada da 2ª División no Estadio de Riazor ante 16.244 espectadores.
-MANIFESTACIÓNS –
Natxo González
Natxo González recoñeceu na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que “é un momento difícil, o máis difícil da temporada”.
Iso si, o técnico deportivista advirte que “na miña traxectoria para conseguir as cousas pasei momentos de dificultade a nivel persoal e profesional. E este é un momento de dificultade. Agora temos que demostrar que tipo de equipo somos”.
Preguntado polas causas, explica que “se xunta un pouquiño todo, rendemento individual, que afecta o colectivo; entrar nun momento de dificultade que non tiveramos até o momento, aínda que parece que cando empatas un partido estás nun momento de dificultade. Agora estámonos dando conta de onde estamos e o que hai que facer para conseguir o obxectivo”.
Cre que a solución pasa por “unirnos, xuntarnos, apoiarnos e convencernos que isto segue. Quedan 13 partidos e baixo ningún concepto imos tirar a toalla. É un reto bonito. É moi fácil cando as cousas son fantásticas, pero agora é un momento delicado, e é un reto bonito para min como adestrador e para o equipo como equipo”.
Pedro Mosquera
O mediocentro coruñés recoñece que “estamos nun momento que nos está custando gañar en ABANCA-RIAZOR. Temos que buscar a solución e tentar o próximo partido levarnos os 3 puntos”.
Mosquera apunta que “hai cousas que non estamos a facer ben. Nos últimos minutos nos partidos que xogamos en ABANCA-RIAZOR habemos ir gañando e empatáronnos; e hoxe non conseguimos xerar ocasións claras e custounos a derrota”.
Vicente Gómez
Vicente Gómez subliñou que “é un momento complicado. En moitas fases do partido tivémolos metidos na súa área pero fomos incapaces de xerar ocasións claras. Fanche un gol e é moi complicado cun menos poder reaccionar”.
Recalca o centrocampista canario que o equipo “o está dando todo, estamos a tentar xerar. Pero é verdade que estamos nun momento delicado e é un momento de remar todos xuntos na mesma dirección porque ao final todos queremos alcanzar este obxectivo que é moi complicado”.
-As manifestacións son unha xentileza de rcdepotivo.com-
++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-