A CRÓNICA : DEPOR 0-1 SAN FERNANDO : “DERROTA DE IMPOTENCIA NUN CHOQUE ASQUEROSO”.

 

Depor 0-1 San Fernando

Volveu a pasar o mesmo ca en 4 dos 5 encontros anteriores. Primeira chegada do rival e para adentro. Novo agasallo, neste caso de Jaime, (que entrou por Martínez, con respecto o anterior encontro), e Mackay, que se tragou un tiro sen ángulo.

Cantidade de chegadas con perigo e de ocasións, pero o Depor non foi quen de facer un só gol. O San Fernando acabou con 10, e xogou en inferioridade máis de media hora.

Asqueroso volveuse o encontro cas contúnuas perdas de tempo do equipo andalúz, que chegou a ter ata 3 xogadores o mesmo tempo tirados no céspede, cada balón en banda, cada centro despexado no área, foi sinónimo de xogador o céspede, asistencias, ou parón sen chegaren a entrar, ademáis das contínuas perdas de tempa do meta, Perals, que tamén se abonou a tirarse no verde.

O final na segunda metade non se chegou a xogar nunca 2 minutos seguidos, e o antifútbol que desquiciou a todo aquel que estaba no campo, (tamén se pideu un penalti sobre Yeremai), rematou ca primeira derrota deportivista, e cos primeiros berros de “Borja vete ya”, unha semente, que como esto non troque irá a máis. 

No medio do malo, destacar da xornada a derrota do Córdoba, (0-1), ante o Sanse, un equipo que parecía que se ía a comer o mundo, antes de telo no prato. Segue forte o Ferro, que agora ocupa o liderato, con 16 puntos, 5 máis cos nosos, pero sobre todo con moito mellores sensacións no terreo de xogo.

 Depor: Mackay, Antoñito (Quiles, min. 46), Lapeña, Jaime (Martínez, min. 46), Víctor Narro, Diego Villares, Álex Bergantiños (Yeremay, min. 63), Olabe, Rubén Díez (Ibai, min. 69), Santamaría (Zalazar, min. 78) e Mario Soriano.

San Fernando CD Isleño: Perales, Marín (Lanchi, min. 67), Ramírez, Rafa Páez, Javi Navarro (Goyo Medina, min. 75), Biabiany, Manu Farrando, Caballero, Dani Molina, Del Campo (Rodrigo Sanz, min. 55) e Gabri (Marcelo dos Santos, min. 67).

Gol: 0-1 Gabri (min. 9).

Árbitro: García Risco (c. asturiano). Expulsou por doble cartón amarelo a Biabiany (min. 58). Cartón amarelo a Biabiany (min. 16), Caballero (min. 19), Gabri (min. 38), Jaime (min. 42), Rafa Páez (min. 45+2), Rubén Díez (min. 56), Quiles (min. 90+6), Víctor Narro (min. 90+7) e Kuki Zalazar (min. 90+10).

Incidencias: Partido da 6ª xornada do Grupo 1 de Primera Federación disputado no Estadio de Riazor ante 16.749 espectadores.

 

MANIFESTACIÓN POST-ENCONTRO