A CRÓNICA : DÉPOR 0-1 RACING DE SANTANDER : “1,2,3 RESPONDA OUTRA VEZ”.

 

 

Dépor 0-1 Racing de Santander

“1,2,3 Responda outra vez”…O Dépor emulou unha vez o programa de Chicho Ibáñe Serrador, e de novo tivo que responder a un gol en contra, a ir a contracorrente e respostou mal a pregunta do adversario de si era capáz de remontar un só gol. Contra Real Unión e SD Logroñés, mereceu ata a vitoria, pero non foi quen de marcar ese gol que igualara o marcador, e contra os vascos, por non responder ainda recibeu outro. Contra o Racing, máis do mesmo, pero ca salvedade de que só mereceu a igualada, pois a pesares de sair ben o encontro e crear en poucos minutos duas ocasións de perigo, unha na que Soriano non consegue rematar un pase o corazón do área de Trilli, dende a liña de fondo, noutro o remate foise fora por pouco.

Non foi quen de sacarse a presión dos cántabros e acabou encaixando, na sua segunda ocasión, a primeira un remate de saque de curruncho no segundo pau, que Mackay sacou con apuros e na segunda tras un saque de banda a 20 metros do bandeirín da curva de General/Tribuna, que Soko prolonga e Íñigo adentrándose noárea non é cortado nen por Soriano, nen por Jaime. Disparo forte que bota diante de Mackay, ao que o balón lle da no peito e o rexeite vaise dentro. A partires do gol o Dépor non reaccionou e o Santander dominou ata o pitido final.

Na segunda metade tocaba arrebato, e así foi, pero os santanderinos, con faltas, perdas contínuas de xogo, conseguiron ir texendo unha telaraña da que os deportivistas non foron capaces de sair, agás dunha internada no área por banda de William De Camargo, que dispara cruzado e o meta visitante toca o xusto ca punta dos dedos para que o balón se vaia o poste.

A partires de aí, faltas e máis faltas, paróns e máis paróns no xogo, e os deportivistas con máis corazón que cabeza asediando o rival e colgando balóns o área por ambas bandas, pero que nunca toparon rematador.

Derrota ante un equipo que nen de lonxe foi o mellor que pasou por Riazor, (sí o que mellor soubo xogar cos tempos e co “xogo sucio”), que saeu beneficiado do paripé dos positivos COVID-19, recuperando xente, e con altas do mercado de inverno, e que deixa moi malas sensacións no deportivismo, coa terceira derrota consecutiva, e que lle da opcións o equipo cántabro de optar o liderato, se é quen de gañar o encontro que ten menos, e que deberá xogar ante o Cultural Leonesa, pero tamén hai que dicilo, antes deberá visitar ao Unionistas, no sempre difícil, Reina Sofía, e o Dépor, tratar de endereitar o rumbo, o vindeiro Domigno en Riazor ante un sempre complicado, Calahorra, (17:00 horas/16:00 GMT), que seguimos a ser os primeiros e que hai que sair deste “bache”, para voltar aos foros de fai un mes.

O mellor do encontro, unha vez máis a afección, que a pesares de ser en día laborable acudeu en masa, con 20.878 espectadores e Riazor, record absoluto na 1ª RFEF, e que só superan, 4-5 equipos nos 42 equipos do fútbol profesional.

Dépor : Mackay, Trilli, Lapeña, Jaime (Borja Granero, min. 86), Héctor Hernández (Menudo, min. 86), Diego Villares (Rafa de Vicente, min. 79), Juergen Elitim, Álvaro Rey, Mario Soriano (Quiles, min. 65), William e Miku.

Real Racing Club de Santander : Miquel Parera, Mantilla, Bobadilla, Pol Moreno, Satrústegui, Fausto Tienza, Iñigo (Borja Domínguez, min. 84), Soko (Camus, min. 84), Pablo Torre (Sergio Marcos, min. 65), Arturo (Álvaro Bustos, min. 65) e Manu Justo (Jack Harper, min. 75).

Gol : 0-1 Iñigo (min. 35).

Árbitro : Pérez Peraza (c. tinerfeño). Cartón amarelo a Miku (min. 23), Mantilla (min. 23), Fausto Tienza (min. 27), Juergen (min. 30), o fisioterapeuta visitante Diego Ortiz (min. 57), Satrústegui (min. 79), Iñigo (min. 82) e Miquel Parera (min. 85).

Incidencias : partido aprazado correspondente á 21ª xornada do grupo 1 de Primera RFEF. Gardouse un emotivo minuto de silencio polos morots na traxedia en Terranova do barco galego, “Villa de Patintxo”.

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto e Vídeo : RC Deportivo