A CRÓNICA : DEPOR 0-1 ALBACETE : “VAR-APAUS”

Esto sí é penalti.

 

Encontro que deixou a todos decepcionados e a espera de que viñera o gol do Depor. Un gol que se buscou e que houbo varias ocasións para que chegara, pero non foi así. Un balón o longueiro de Aketxe, outro do debutante Mollejo e idem de Beto da Silva, ademáis de outras ocasións, pero chegou o VAR e cando ninguén sabía para que parara o árbitro o encontro, algún contaba con que se ía a dar o gol anulado minutos antes a Mollejo, pero a sorpresa foi maiúscula cando Milla Alvéndiz pitaba un penalti que visto logo na televisión non o é, pois a man de David Simón é totalmente involuntaria, pero a prensa albaceteña xa se facía eco na previa do ben que lle ía con este colexiado, que foi él o que tomou a decisión de pitar penalti tras velo na pantalla.

O Albacete topouse cun agasallo que non desperdiciou, único tiro antre os 3 paus dun equipo que deu leña a mares e que só buscaba o empate, pero que suma a sua segunda vitoria co seu segundo gol en 4 encontros. Na primeira xornada derrotou ao Girona cun gol en propia porta dos xironeses. Tralo tiro o longueiro de Aketxe tiveron unha ocasión moi boa, pero no borde do área pequena mandaban o balón alto.

Quedou cun xogador menos o clube albaceteño por expulsión de Fran García aos 83 minutos, con eses 7 minutos por diante e con 7 máis que aumentou o colexiado polo parón para beber e o do VAR, non foron os deportivistas quen de perforar a porta de Tomeu Nadal, arroupado por todo o seu equipo dende que quedaron cun menos.

Nova decepción do equipo branquiazul que ainda que teñen como disculpa o VAR e os paus, nunca na vida se debería perder este encontro. Un novo varapau para a afección, que a pesares da hora arroupou o equipo de principio a fin.

O remate do encontro oíronse os primeiros berros de “Diretiva dimisión” dende os Riazor Blues.

Depor : Dani Giménez, David Simón, Lampropoulos, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Vicente Gómez (Beto da Silva, min. 79), Mollejo, Aketxe, Borja Galán (Jovanović, min. 63) e Koné (Christian Santos, min. 59).

Albacete Balompié : Tomeu Nadal, Alberto Benito, Arroyo, Kecojević (Caro, min. 65), Fran García, Barri, Karim Azamoum (Eddy Silvestre, min. 64), Olabe (Capezzi, min. 86), Susaeta, Zozulia e Dani Ojeda.

Gol : 0-1 Susaeta, de penalti (min. 76).

Árbitro : Milla Alvendiz (c. andaluz). Expulsó a Fran García (min. 83) por doble tarjeta amarilla. Tarjeta amarilla a Kecojević (min. 27), Olabe (min. 39), Barri (min. 57), David Simón (min. 75) e Fran García (min. 77).

Incidencias : Partido da 4ª xornada da 2ª División disputadono Estadio de Riazor con 15.249 espectadores.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es