A CRÓNICA : DEPOR 0-0 UNIONISTAS : “MELLORÍA NO XOGO…IGUAL NO RESULTADO”.

Depor 0-0 Unionistas de Salamanca

Mellorou e moito o Depor no xogo ca volta de Uche e Keko que dotaron o medio do campo e o fronte do ataque maior calidade. O nixeriano mandou no medio do campo e o madrileño desbordou e colgou numerosos balóns no área, que os seus compañeiros non souberon aproveitar.

Saeu enchufado o equipo, controlando e buscando a xogada, ante un Unionistas que tiña craro o seu encontro. Defenderse no seu campo e buscar algun roubo ou contra.

Os poucos minutos do comezo, Lara era derribado na liña de fondo dentro do área, unha falta desas que se son fora pítanse, polo que o ser dentro tería que haber sido penalti. Non o entendeu así o colexiado e quedouse no limbo. O Depor tivo o dominio do balón en exclusiva toda a primeira metade, ante un Unionistas que non lle tremen as pernas a hota de defender no seu campo e dentro da sua área. Oequipo deportivista tentou atopar unha fenda nesa defensa, pero ou por malas decisións na derradeira xogada, ou por falla de defenición, os equipos foron o descanso con moito por facer.

A segunda metade sigueu o guión da primeira, control, movilidade co balón, pero sen definición. Apretou de inicio o Depor pero o gol non chegou. O cansanzo comezou a notarse e chegaron os trocos. Keko deixaba a Borja Galán o seu sitio e esre gozaba da mellor ocasión dos deportivistas, pero o seu forte disparo servía para o lucimento do meta visitante Serna. Poco despois Galán era derribado claramente no área, pero o colexiado López Parra, miraba para outro lado. O debutante Raí fixo un bo encontro e foi sustituido no 82 por Beauvue.

Melloría no xogo por parte dos deportivistas, pero o resultado segue igual de mal. Xa son 6 xornadas sen gañar e todo un mes enteiro sen marcar un gol,perdendo a 3ª praza da clasificación que agora ocupa o Compostela que derrotaba ao Coruxo por 3-2.

Depor: Abad, Valín, Derik, Granero, Salva, Borges, Uche, Raí (Claudio, min. 80), Keko (Borja Galán, min. 77), Miku e Lara

Unionistas de Salamanca: Serna, Íñigo Muñoz (Josué, min. 80), Ramiro, Mario Gómez, Cris Montes (Manu Viana, min. 57), De la Nava (Nespral, min. 70), Diego Hernández (Aythami, min. 57), Garay, Lama, Marín e Álex Rei (Carmona, min. 80).

Árbitro: López Parra (c. Cántabro). Amoestou a Diego Hernández (min. 33), Manu Viana (min. 64), Lama (min. 78), Miku (min. 82) e Aythami (min. 89). Deixou sen pitar un par de penaltis no área salmantina.

Incidencias: partido da 12ª xornada do Grupo I Subgrupo A de Segunda División B disputado a porta pechada en Riazor.

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

-Resumo : TVG