A CRÓNICA : DEPOR 0-0 SPORTING DE XIXÓN : “MÁIS UN”.

Eneko Bóveda tivo unha ocasión moi crara.

 

Volveu a rodar o balón a Riazor e non faltou o ritmo. Choque moi disputado e igualado no que a ocasión máis crara foi para os visitantes cun balón o poste. Foi unha ocasión aillada e que chegou tras unha perda de balón de Ba. Tras esta ocasión parada para beber e foi logo o Depor o que dispuxo das mellores ocasións, tras poñer Fernando Vázqeuz a Peru por diante da defensa e con Gaku oficiando de suministrador do xogo. 

Faltou puntería de cara a porta, pero acabouse o xogo dubitativo dos deportivistas que non estaban a sufrir pero que non incomodaban o rival. Quizais Chrístian Santos que saeu no 67 por Sabin Merino tivo a máis crara para os deportivistas nun remate de testa a bocaxarro, pero non foi o día en cuestións de remate nin para uns, nen para outros, polo que o resultado foi xusto.

Faltoulles puntería a uns e outros e o empate hai que dalo por bo, e como din os portugueses, “máis un” e a seguir sumando e pensar xa na visita o vindeiro mércores o Carlos Tartiere o Real Oviedo a partires das 19:30 horas. Un choque ante un rival diretísimo, ca arbitraxe de Óliver de la Fuente Ramos. Os ovetenses macan a salvación cos mesmos 36 puntos co Depor.

Depor : Dani Giménez, Bóveda, Peru Nolaskoain, Ba, Montero (Mujaid, min. 79), Salva Ruiz, Gaku Shibasaki, Vicente Gómez (Agbo, min. 54), Emre Çolak (Keko, min. 54), Sabin Merino (Christian Santos, min. 67) e Beauvue (Koné, min. 54).

Sporting de Xixón : Mariño, Unai Medina, Babin, Molinero, Cordero, Carmona, Cristian Salvador (Javi Fuego, min. 90+1), Pedro Díaz (Nacho Méndez, min. 67), Murilo, Manu García e Álvaro Vázquez (Djurdjević, min. 67).

Árbitro: Ais Reig (c. valenciano). Tarjeta amarilla a Montero (min. 49).

Incidencias: partido correspondiente a la 32ª jornada de LaLiga SmartBank disputado en el Estadio ABANCA-Riazor a puerta cerrada debido a la pandemia del Covid-19.

 

ROLDA DE PRENSA

 

 

Fernando Vázquez subliñou na sala de prensa de Riazor, ao concluír o encontro ante o Sporting de Xixón, que “sei exactamente os números que teño que facer para salvarnos. Agora son fáciles de facer. Quero ser nesta liguiña o mellor equipo. Gustaríame facer isto. Pero empezamos mal”.

O técnico deportivista márchase cunha sensación “un pouco decepcionante. Tentamos unha cousa diferente ao comezo de partido. Pero ao mesmo tempo sentía o perigo, que o Sporting podía facerme gol. É unha sensación que non soporto. Iso de que aínda que estivésemos impresionantes, que o Sporting tivese posibilidades. Sentía o perigo. Non me estaba gustando. Tivemos algún momento bo, non digo o contrario. Buscabamos recuperar rápido pero non estivemos demasiado axustados. Entón o partido converteuse en ‘bo agora atacas ti, agora eu, especialmente no segundo tempo’. Tiven que cambiar despois dun 3-4-3 que expuxen de inicio ou 5-3-2, chámao como queiras, a un 4-4-2 en rombo porque me preocupaba a posición de Manu García. Creo que melloramos un pouco”.

Após o descanso, “iniciamos igual pero volvemos cambiar buscando un pouco máis de velocidade e dando refresco ao equipo con Koné e Keko por fóra. O Sporting tivo ocasiones pero nós tamén tivemos algunha. Pero non estou moi satisfeito de como foi o partido”.

Preguntado polos 5 cambios realizados, advertiu que “non gañamos o partido pero non creo que os cambios empeorasen ao equipo. Mellorárono, déronlle máis estabilidade e cumpriron o que buscaba. Cinco cambios a min encántame. Se puidese cambiar os 10 igual cambiábaos. Gústame ter cambios para poder modificar ao equipo. Non para cambiar dianteiro por dianteiro senón cambiar a estrutura do equipo”.

Confesou nesta liña que lle preocupou o último cambio, Montero por Mujaid, “que quizais se non tivese Montero o cartón amarelo é posible que non o cambiou. E o cambio fose outro”.

Fernando Vázquez cre que os xogadores, a nivel físico, “acabaron bastante ben. Pareceume que o equipo fixo un desgaste importante no primeiro tempo, cando estaba un pouco máis descolocado. Pero estou contento co rendemento físico. Pareceume adecuado e axustado ás posibilidades que tiñamos”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.